Mariano Rajoy, que vai debatir con Zapatero, ás 22h p.m., en Televisión. Rajoy ven anunciando programas de rexeneración. ¿...?
Zapatero confórmase con empatar no debate do 25.2.2008. ZP asegura que non vai pedir perdón ós españoles, nen ás víctimas, pola súa mentira permanente en relación coas conversaciós con ETA.
Pontevedra, 25.02.2008
Entrada n. 444 do blog. Traballo remitido a diversos medios prá súa publicación nesta data. O tema ten tela, porque a través de Google pódense conocer moitas das carencias e pecados dos partidos, mesmo a súa impotencia, como queda dito no artículo, pra urxi-la reposición da legalidade en tantísima cousa denunciada como existe. A impresión que moitas veces se pode sacar é a de que os partidos non controlan nada, que son reféns dos grupos de presión. E nesas circunstancias é difícil votar por nadie, ata o punto de que moitos cidadáns pensan en votar contra alguén, contra o peor. Google pode aclarar algunhas cousas.
Entrada n. 444 do blog. Traballo remitido a diversos medios prá súa publicación nesta data. O tema ten tela, porque a través de Google pódense conocer moitas das carencias e pecados dos partidos, mesmo a súa impotencia, como queda dito no artículo, pra urxi-la reposición da legalidade en tantísima cousa denunciada como existe. A impresión que moitas veces se pode sacar é a de que os partidos non controlan nada, que son reféns dos grupos de presión. E nesas circunstancias é difícil votar por nadie, ata o punto de que moitos cidadáns pensan en votar contra alguén, contra o peor. Google pode aclarar algunhas cousas.
Buscade en Google [25.02.2008],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Según os medios, Rajoy e Zapatero preparan a conciencia o debate desta noite, que pode ser importante nunha campaña que aparece bipolarizada, tendencia ésta que, dende que temos democracia, diríase que se vai conformando máis e máis en cada novo comicio, especialmente desta volta. As enquisas demoscópicas veñen pescudando na opinión pública pra ver de nos ofrecer un resultado anticipado, de nos presentar a un gañador. Así, daban unha certa avantaxe ó PSOE que parece que, nos últimos días, vai decantando nunha especie de empate técnico. E si o debate inicial, máis ben unha parodia, antre Solbes e Pizarro, parece se resolveu a favor do primeiro, segundas e terceiras lecturas do mesmo permiten unha estimación distinta: o incremento do paro, a crisis do ladrillo, os impagados das hipotecas disparados ata un 123 por cen en xaneiro; que o crecemento previsto pola CE apunta pra España a un 2,70% neste 2008, son datos que valen pra rubrica-la afirmación de Pizarro de que España non vai ben e que só unha verdadeira xestión económica pode endereita-lo errático rumbo do país. Por eso falan algús analistas da necesidade de vontade política e patriótica, pra lle devolve-lo pulso a unha Nación que o ten perdido.
Os actos de campaña mostran a un Zapatero na línea da tensión e dramatismo anunciados despois da súa charla con Gabilondo, como dono dun certo mesianismo; Rajoy aparece máis pausado, como querendo converti-los escenarios nos que intervén en aulas pró dialogo coas xentes alí presentes. Son dúas pedagoxías distintas, dous estilos diferentes, que no debate que esta noite vai moderar Campo Vidal non é doado saber cómo van converxer. E andan tamén na campaña os partidos menores, os nacionalistas, coa esperanza de se convertir na bisagra necesaria prá formación de goberno. Diríase que a crispación tamén cristaliza [¿consignas?] en actos menores, incluso académicos, nos que comparecen grupos antidemocráticos pra reventaren charlas como a de María San Gil, en Santiago; a de Dolors Nadal, en Barcelona; a de Rosa Díez, na Complutense, ou tamén, fóra da campaña electoral, na conferencia de Galicia Bilingüe no auditorio da Obra Social de Caixanova, en Vigo, o pasado día 20.
Outra forma de facer campaña é a contínua publicación nos medios de artículos asinados por políticos, moitas veces cuestionados cando o medio dixital no que aparecen así o permite. É nese foro aberto ó pe de cada traballo onde os cibernautas dan ideas, a favor ou en contra, ou simplemente intentan amplifica-lo debate, porque existen, certo, carencias, mensaxes capadas, silencios que non se poden consentir. ¿Ónde está o discurso claramente ambientalista que moitos de nós agardamos? ¿Está definido na campaña, de forma xenerosa, o necesario apoio á independencia xudicial ou á supresión do imposto sucesorio da que falou Pizarro...? Nada. Xogan moitos coa desmemoria e contra ela asume un certo protagonismo a memoria crítica dalgún comentarista: “Buscade en Google”,,,,”El caso Brindisi, el caso Reganosa”.. Ou Cabo Vilán, Tradepana, ferrocarril d´Os Praceres, a edar do Lagares...
O esforzo dalgunhas asociaciós en xudicializar denuncias das que, á vista da Constitución, do Raminp, da Lei de Costas, parecen claras infracciós, estaría fóra de lugar si existise unha verdadeira política ecoloxista que pode estar nos discursos, sí, dos que temos que decir que son, ás veces, rotundamente inaceptables. Buscade en Google, efectivamente, o que se vos ocurra: leis, sentencias, delitos ecolóxicos, actuaciós próximas conocidas nas que algús partidos fixeron xa, nun debate local de campaña, declaración de clara impotencia pra pular pola reposición da legalidade.... Pra que as cousas sigan como están, pra convertiren moitas veces os discursos en rendas descalificatorias antes que en exame de conciencia, mellor estar calados. A ver se no debate desta noite, antre Rajoy e Zapatero, asoma algo de esperanza. De tódo-los xeitos, buscade en Google, na rede. Pra aguza-lo voto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario