-
Pontevedra, 4.01.2010
-
Entrada n. 1113 do blog
-
Artículo semanal.
-
As Caixas de Aforro,
por xesús López Fernández
-
As Caixas de Aforro,
por xesús López Fernández
-
As Caixas de Aforro foron ata hai pouco entidades creadas pra actuaren nunha determinada demarcación xeográfica: local ou provincial, poñamos por caso. Entidades próximas ós pequenos aforradores, promotoras tamén do aforro infantil, nas que non era casual o calificativo de benéfico–social. ¿Cántas familias non son hoxe propietarias dun piso gracias a un creto hipotecario concedido pola súa caixa? ¿E cántas asociaciós, nos eidos da cultura ou do deporte, non recibiron graciosas subvenciós destas entidades? Sen embargo, as Caixas foron convertíndose en obxeto de desexo de caciques e políticos pra, por medio delas, reconduciren favores. E a denunciada politización non decreceu. E dise que a mesma puido ser negativa no caso de se facer cargo da dirección algún político sen experiencia no mundo da empresa. Estímase incluso unha certa erosión nos beneficios, 12000 millós, ó carecer un 69 por cen dos políticos xestores dos estudios ou profesionalización necesarias. Tamén Solbes ten criticado a excesiva politización das caixas. ¿E a bancarización?.
O acoso político ás caixas ven xa do 1977, cando Fuentes Quintana introduceu unha profunda reforma en temas de operatividade, que as veu situar á par dos bancos. A autorización pra abriren oficinas en calquer punto da comunidade autónoma da súa orixe é do 1979, medida aperturista que sería ampliada ata o punto de que hoxe as caixas abren oficinas en todo o territorio nacional. Pero algunhas pasan por momentos difíciles por ter derivado parte das súas inversiós ó negocio do ladrillo, valéndose incluso de crétos de entidades europeas que terán de devolver. Gran problema por unha banda; problemas pola outra ó seren financieiras, ¿ata qué punto?, de non poucas actuaciós autonómicas. E coa presión política existente un pergúntase qué vai acontecer coa obra social das caixas, ou a deslocalización das súas inversiós.
A crónica do que está a acontecer en Galicia fíxose trepidante por momentos. Alberto Núñez Feijóo presionaba prá fusión de Caixa Galicia e Caixanova, mentres Julio Fernández Gayoso facía unha oposición férrea á mesma, en sintonía con 5000 comerciantes pontevedreses que ven en tal acción unha deslocalización paralizante prá súa zona. E mentres a Xunta quería creare unha gran Caixa pra Galicia, Caixanova buscaba fórmulas pra evitala por medio dunha fusión virtual con outras entidades de fóra, entablando conversas con Cajamurcia e Cajastur no pasado mes de agosto. Estas fusiós denomínanse SIP, “sistema institucional de protección” permitirían sortea-lo control autonómico. Pero as negociaciós complicáronse, se ben Cajamurcia mantiña o seu interese. Caixanova incluso presentou un estudio en mil folios, dous tomos, argumentando sobre a comenencia de manter vivas as dúas entidades; advertindo tamén do coste social da fusión que algús estiman en 2000 postos de traballo e no cerre de centos de oficinas. Pero xa está aí a Lei de Caixas de Aforro autonómica que abre as portas á posible fusión, á gran caixa galega da que hai meses comezou a falar Feijóo.
O PSOE opúxose á lei, prá que prevé diversos recursos, pero non votou en contra das leis andaluza, vasca ou cataláa, e Cataluña, pola súa rede de Caixas, obtén o 70 por cen da súa financiación dos depósitos procedentes doutras rexiós. Pode haber problemas xurídicos coa nova lei, pero no prazo de dous meses, as Caixas terán de renova-los seus cargos e Julio Fernández Gayoso cesará como Director de Caixanova. O texto definitivo prevé a posibilildade de que as caixas de aforro galegas poidan fusionarse con entidades doutras comunidades. Sen embargo, “pra concede-la autorización háse valorar que a sede social da caixa resultante da fusión se fixe en Galicia, e que manteña unha adecuada presencia territorial das oficinas de Galicia”. Así as cousas, Núñez Feijóo avisa de que un posible recurso de inconstitucionalidade da Lei polo Goberno abriría un escenario de “moi difícil entendemento”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario