miércoles, 27 de enero de 2010

A SUPRAMUNICIPALIDADE

O chiste de Caín, en La Razón, non ten que ver coa noticia que sigue, pero na ría de Pontevedra hai moita xente que, polos malos pasos dados en materia industrial, pola traición sempre anovada dos políticos ó medio ambiente; hai xente, digo, que xa non está aquí, e os que aínda estamos vemos como, de xeito azourido e ás presas, os munícipes actuales carecen de ideas ou venderon a súa conciencia. Nada de Axenda21Local, nada da recuperación do capital natural, a ría como sentina.... Haino que decir moitas veces, porque todos miran pra outro lado antes que clamar pola reposición da legalidade. Avenida de Marín e complexo de Ence-Elnosa. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 27.01.2010
-
Entrada n. 1139
-
A SUPRAMUNICIPALIDADE,
por Xesús López Fernández
-
A cuestión da supramunicipalidade foi unha idea de Fraga pra ver de consolida-la presencia de Ence, xa en precario, e de ademáis completa-lo ciclo do papel por medio de Tisú de Lourizán, que posiblemente xa estaría aí de non ser pola actuación e denuncias promovidas por Salvemos Pontevedra.
-
Enténdese que Fraga quería compensar a José Luís Méndez, de Caixagalicia, metido a xestor de Ence, pola donación deste home ó noso premier de monte Gaiás, que como un cáncaro ven devorando cartos dende aquela.
-
O Concello de Pontevedra acaba de perder no TSXGalicia o contencioso promovido pola cuestión da supramunicipalidade. A cuestión da innecesariedade dos terreos é algo que normalmente non se aclara e sobre o que Mosquera quere agora que lle poñan medallas, ¡narices!, pero foi Salvemos Pontevedra quen obtivo de Cristina Narbona a afirmación de que a mesma estaba fóra de lugar: que o dominio público marítimo terrestre (Lourizán, Mollabao), como tal era inalienable, inembargable, imprescriptibles e insusceptible de desafectación. O Bloque, mellor calado.
-
Leéde as noticias sobre a sentencia do TSX do:
-
-




No hay comentarios: