-
Pontevedra, 8.01.2010
-
Entrada n. 1117 do blog
-
ORÁCULO MOSQUERA, O MENTIREIRO,
por Xesús López Fernández
-
Impotente pra abordare a elaboración da Axenda21Local, os seus pasos non se sabe ben ónde van. Sí que minte. Agora fala Cesáreo Mosquera de que Ence-Elnosa, no horizonte do 2018 deberán desaparecere e aquel espacio recupera-la súa condición de dominio público marítimo terrestre. Lean, de tódo-los xeitos as súas declaraciós, que teñen rabo, claro que sí, porque non fala da edar d´Os Praceres, nen da posible desaparición de avenida de Marín, tamén en dominio público marítimo terrestre. Pódese pensar que eles tamén queren o solar.
-
Mosquera debería saber que Ence, presuntamente, xa non ten concesión, que non renovou no momento da privatización e cambio de titularidade dun paquete accionarial de máis do 50% do capital. Elnosa tamén carece de concesión, haberá que decir que presuntamente. Holcim nunca a tivo, nen tan siquer licencia municipal, e os ecoloxistas do Concello siguen sin actuar. O tema da edar lévano moi caladiño e aínda está próximo o momento no que solicitaban concesión prá construcción dun tanque de retención en Mollavao. ¿E as piruetas do concelleiro de Infraestructuras en relación coa proiectada ponte d´As Correntes ou co scalextric de Mollavao? ¿E a nova ribeira que xa anunciaban pola banda de fóra da avenida, con novos e idílicos solpores que decía o concelleiro non electo Bará? Tén razón Pérez Reverte ó definir a esta xente como canallas.
-
A noticia, polo que se dí e polo que non se dí, demostra que non existe vontade de recupera-las marismas de Lourizán. ¡Se xa quixeron, cando tiveron poder na Xunta, convertilas en solar, enchelo de vivendas sociales e, coas correspondentes plusvalías, finacia-lo traslado de Ence a Barro-Meis! A empresa forneceríase d´auga dend´O Pontillón do Castro. E seguirían vertendo á ría de Pontevedra, pero con outros medios, listiños.
-
Aquí, no fondo, o que pasa é que está a gobernare a nivel local, a mesma canalla que denuncia Arturo Pérez Reverte e xa comentabamos antes, e van seguir facendo o que queiran porque Pontevedra é hoxe unha sociedade amorfa, inane, incapaz de xerar líderes. A súa historia é a historia dunha decadencia, denunciada xa polo padre Sarmiento, que xa falaba do abandono do porto.
-
La Voz de Galicia, 10.01.2010, El espacio que liberen Ence y Elnosa volverán al dominio de Costas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario