domingo, 10 de enero de 2010

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (22)

Volve ó blog o icono do caos normativo, porque hai novas noticias sobre o decreto lingüístico, anunciadas polo conselleiro de Educación.
-
Pontevedra, 10.01.2010
-
Entrada n. 1119 do blog.
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO,
por Xesús López Fernández
-
O conselleiro de Educación anuncia un decreto pra todos, o decreto que fai falta. Eso, en principio presenta serias dúbidas porque non se produceu a necesaria consulta social prá salvación dunha lingua creada polo pobo, nunca pola RAG nen polos enanos infiltrados.
-
A golpe de normas, erróneas primeiro, alóglotas despois, parte dun amplio proiecto de deconstrucción da nosa alma colectiva. están a mataren a lingua, a fala secular.
-
Cando foi das normas do 83 comezaron a inserir, parece que tomado do galego eonaviego e por coincidiren coa norma oficial portuguesa, os plurales en "ais". E os políticos comezarían daquela a aprende-las novas formas de opereta, traducidas nunha especie de salto mortal ás veces, demostrativo de non estaren instalados no galego real cando facían o singular por "inversión". "O fenómeno sociai, o resultado finai", etc. e outras caralladas.
-
Chegarían tempo despois os novos embates, as novas agresiós, as infecciós con "v" ou con "b" ou con formas alóglotas que nunca foron galegas como as terminaciós en "bel" que agora campan nos novos diccionarios. E outras palabras que nunca estiveron no noso acervo consuetudinario [crise, dose, hepatite, inimigo, cancro, coñecer], forman actualmente parte da cultura lingüística dos ayatoláhs que queren acabar co idioma.
-
Sobre esto hemos volver máis dunha vez, pero hoxe quero inserir aquí unhas declaraciós do conselleiro Jesús Vázquez, de Educación, sobre as normas ó gusto de todos. ¿Outra arma pra matar ou o instrumento pra recupera-la verdadeira dimensión da lingua?
-

No hay comentarios: