domingo, 10 de enero de 2010

A RESPOSTA COHERENTE


Eladio Torres Castro, presidente da Plataforma d´Os Praceres. A Plataforma pode marcar aquí un certo inicio rexeneracionista. A eles vai dedicado o artículo semanal. A Plataforma foi proposta prós Premios Cidade de Pontevedra, como en individuales foino Juan Vidal Fraga. Ambos deberían ser premios indiscutibles, pero ó mellor non dan o perfil que se demanda no Concello dos Camaradas, como tampouco o pasado ano o dou Salvemos Pontevedra.
-
Pontevedra, 10.01.2010
-
Entrada n. 1118 do blog
-
A resposta coherente,
por Xesús López Fernández
-
Arturo Pèrez –Reverte fixo unhas declaraciós hai poucos días á Axencia Efe sobre a situación crítica que estamos a vivir e que el, como moitos españoles, apelumbraba xa antes do ano 2000. Todo estaba escrito, programado, porque existe un comportamento amorfo, inane, da nosa sociedade e “todos somos cómplices dos canallas que nos manipulan”; non existe unha actuación decidida na sociedade civil pra cambia-lo actual esquema que veu decantar nunha cifra de catro millós de parados contabilizados e dez millós de probes. Xa nun vello artículo do citado autor, “Los amos del mundo”, o home, ó se referir á casta que está dominando e que pasa o día a falare de “fondos de alto riesgo, de acordos multilaterales de inversión e de neoliberalismo económico salvaxe” avisaba: “Vostede non sabe qué cara teñen, pero son eles os que o van mandar ó paro”. E inda afirma agora, lembrando esa cita, que a eses “líderes” lles importaba un carallo a consecuencia da súa actuación, a ruína dos demáis. ¿Pode haber algunha reacción, asomo de loita organizada? Avaaz, unha organización independente e sen ánimo de lucro, cuia misión é asegurar que os valores e opiniós da maioría da xente sexan tomados en conta polos políticos, pensa que sí.

“Avaaz” significa “voz” en varios idiomas asiáticos i europeos e quer convertir este 2010 no ano da acción cidadáa. Avaaz non acepta cartos de gobernos nen de empresas e o seu equipo ten oficinas en Ottawa, Londres, Rio Janeiro, New York, etc. O comunicado de Avaaz, longo e pormenorizado avisa: “comeza un novo ano e se respiran aires de cambio”. Confiemos en que non han ser cambios a peor; pero busquemos algún síntoma próximo que nos permita abrigar unha certa esperanza. E un claro síntoma do que pode ser un triunfo da sociedade civil do noso entorno témolo na noticia que daban os medios do 8.01.2010: A paralización inmediata dos recheos no Areal, de Vigo, mentres non se acredite que non precisan de estudio de impacto ambiental. Ésa é a conclusión dunha xueza de Vigo, Tatiana de Francisco, titular do Xuzgado n. 6, tra-la petición nese sentido da fiscal de Ordeación do Territorio, Natividad Gurriarán. Por unha vez parece que a Xusticia actúa a tempo.

Da man, ademais, de dúas mulleres. O auto, que xa foi comunicado á Autoridade Portuaria, apunta directamente ó ministerio de Medio Ambiente, á súa directora xeral de Calidade i Evaluación Ambiental, por presunta prevaricación. O problema incoouse a raíz de sendas denuncias da Plataforma da Defensa da Ría de Vigo-Cíes ante a Fiscalía de Medio Ambiente e mái-lo Servicio de Protección da Natureza da Guarda Civil, pra impedi-lo vertido de terras procedentes das obras do Ave como material de recheo prá ampliación pretendida pola Autoridade Portuaria de Vigo sobre 50000 metros de superficie da lámina d´auga. A citada asociación estudiou a sentencia do T.S. en relación cos recheos do porto de Marín en pleito promovido pola Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres e, consecuentemente, solicita á Autoridade Portuaria un Plan de Usos, “imprescindible pra xustificare unha obra de aterramento prá ocupación de lámina d´auga”.

Aquí era ónde quería chegar: A que mentres en Pontevedra non preocupa a acción cívica das xentes d´Os Praceres; que ó poder vaille resultar difícil exculparse en certos casos, o triunfo da sociedade civil está garantizado nesa actuación contínua da Plataforma d´Os Praceres: ferrocarril, Tradepana, recheos do porto: As sentencias producidas como consecuencia das súas denuncias acaban de ter unha resonancia grande: nunha cidade de 400000 habitantes, a Xusticia faise eco das sentencias do T.S.. En Lourizán produceuse hai tempo, a excepción do dito por Pérez-Reverte, a reacción e, na línea de Avaaz, a parroquia está gozosa polo que considera un triunfo da sociedade civil, Vigo como resonancia e alborada. O premio Cidade de Pontevedra, pró que están nominados, é outro cantar, outra forma de fiar. Ó tempo.
-
addenda.-11.01.2010. Foron introducidas algunhas correcciós na parte final do traballo. E non esquezamos que existen non poucas fotos finish da corrupción político-administrativa.

No hay comentarios: