miércoles, 20 de enero de 2010

AS SENRAZÓS DE MOSQUERA

Cesáreo Mosqueera fala agora, en relación co PXOM de que os partidos políticos deberán prantexar por escrito as súas discrepancias co PXOM, sempre que sexan razoables. O sobardante optimismo de Mosquera, o seu plan asoballante de ordeación no que non contou pra nada a confección da Axenda21Local e sí a localización en zonas de protección costeira de bolsas de solares, non debería dar máis de sí. Vale esta viñeta de Caín, en La Razón, como crítica seria e zafia ó que o home se trae antr´as mans. Pra asustarnos.
-
Pontevedra, 20.01.2010
-
Entrada n. 1129 do blog
-
AS SENRAZÓS DE MOSQUERA,
por Xesús López Fernández
--
Hai uns días que o PP denunciaba certas irregularidades do plan. Dende diversos colectivos como Salvemos Pontevedra e a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, hai actuaciós denunciadas por presuntamente delictivas, ante a Xustia; é máis, que a Xusticia xa dictou sentencia nalgún dos casos.
-
Que Mosquera veña agora ofrecéndolles o sal ós partidos e lles pida que se pronuncien por escrito sobre o PXOM --se as súas críticas van ser razoables-- demostra que el, co seu opaco plan, non está a axustare no seu rol á Axenda21Local, que non quixo redactar, documento que sería mostrado porta a porta antr´os veciños; documento democrático por excelencia en contra da ideoloxía do Diktatt, sexa éste en urbanismo ou en materia de lingua.
-
Noticia de La Voz de Galicia: Os partidos van facer por escrito as súas aportaciós ó Plan. (Razoables, pide Mosquera, que esquece as súas ocultaciós.)

No hay comentarios: