jueves, 7 de enero de 2010

E NON IMOS DESPEGAR, CLARO QUE NON!

Na foto de La Voz aparecen Lores, o concellal de Turismo e a xerente do novo ente-entelequia Terras de Pontevedra, no que se gastou unha enorme cifra de cartos que non aparentan estar alí invertidos.
Anque vista parcial permite ve-lo cerre pouco noble que leva agora o espacio previsto no seu día pra lonxa ou punto de venta na praza da Verdura. ¿Cómo o Peprica cala desta volta, cómo Patrimonio non protestou do falso teito que lle meteron ó espacio e que acabou coa prestancia das arcadas?
-
Pontevedra, 7.01.2010
-
Entrada n. 1115
-
E NON IMOS DESPEGAR, CLARO QUE NON!,
por Xesús Fernández
-
Ou despegamos agora ou xa non despegamos nunca, dixo o concellal de Turismo pontevedrés. Pois, non, non imos despegar mentres permaneza no Concello o equipo do Kommintern, causa da ruína da zona vella. Terán que lle botar máis imaxinación á cousa, contratar ó frautista de Hamelín pra que nos traia os turistas ós que se lle impide a entrada na cidade. Falo de turistas e non de ratas, que delas nos librou no seu día San Sebastián, o noso patrón. Quero decir que nos librou da peste.
-
¿Qué vai significar eso de Terras de Pontevedra, qué contido lle van dar? O edificio, que non ten unha fachada real, dá agora sobre unha praza desalmada, perdido o encanto da vella praza da Verdura. De tódo-los xeitos, se o frautista de Hamelín contratado consigue atraer persoal, a ver cómo logro xustifica-lo terraceo de miseria que dende alí se contemplo, mesmo o trapicheo preocupante que parece un fenómeno asentado. Asentado e consentido.
-
Noticia de La Voz sobre Terras de Pontevedra, 7.01.2010.

No hay comentarios: