Edar d´O Lagares, en Vigo, que non se axusta ó disposto na Lei de Costas, art. 44.6, polo que se debe entender ilegal.
-
Pontevedra, 27.01.2010-
Entrada n. 1140 do blog
-
AFECTADOS POLA EDAR D´O LAGARES,
por Xesús López Fernández
-
Mañán está previsto que se presenten no Parlamento europeo dous ou tres colectivos vigueses, con fins non necesariamente coincidentes. Defensa da Ría quer urxi-la consstrucción da macrodepuradora d´O Lagares, en principio e según a Lei de Costas, ilegal. É curioso que en Pontevedra a súa homónima APDR nunca se teña pronunciado contra a edar d´Os Praceres, denunciada ante os tribunales por Salvemos Pontevedra, por ilegal.
-
Curiosamente, tanto unha depuradora como a outra foron financiadas con cartos de Europa, que si se fai xusticia haberá que devolver, porque non se pode construir unha depuradora na ribeira do mar, o que convertiría, de producirse sentencia conforme á Lei ás tres Administraciós en delincuentes.
-
As depuradoras de augas residuales deberán construirse máis alá dos vinte metros da franxa de protección do litoral, como tampouco se poden tender colectores en paralelo á ribeira do mar.
-
Pero en Europa vai estar o colectivo dos afectados pola depuradora d´O Lagares, que vai pedi-la retirada de fondos pró proiecto e a redacción dun novo anteproiecto. Na intervención, que vai estar apoiada polo eurodiputado de Izquierda Unida, Willy Muller, van reclama-la elaboración dun novo estudio técnico e ambienal, riguroso, independente e integral. O obxetivo é conseguir unha depuración eficaz, de tal xeito que elimine totalmente os vertidos na ría, erradique calquer tipo de molestia á poboación, respete os intereses do marisqueo e mái-la pesca e, en xeral, non provoque danos ó medio ambiente.
-
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario