martes, 26 de enero de 2010

O BLOQUE, TRAIDOR

Na España dos parados, a xente maniféstase, na viñeta de Caín, en La Razón. Así poderíanse manifestare, desta volta i en Pontevedra, as xentes que non participaron nunca no xogo "ecoloxista" do Bloque e da súa correa de transmisión, a APDR, o do "¡Ence, fóra!". Mentireiros.........
Din que agora entra o PXOM en fase terminal, e pensan en deseñaren unha bolsa de terreo, así que marche Ence no 2018 [cando realmente xa non ten concesión e sigue aí porque os partidos queren, ou cobran], pró lecer cidadán.
Ésta é unha foto denuncia de La Voz de Galcia d´hoxe. A costa d´A Granxa convertida xa en solar, pendentes os promotores da saída da recesión. O que aí vaia mercar, certamente, vai poseer unha vista temporal á ría de Pontevedra, xa case sentina total, en especial porque os políticos están a raquetear co tema da edar d´Os Praceres, ilegal según a Lei de Costas, art. 44.6.
-
Pontevedra, 26.01.2010
-
Entrada n. 1137 do blog
-

O BNG, TRAIDOR,
por Xesús López Fernández
-
Os seguidores deste blog teñen nel información dabondo sobre as traiciós do BNG e das outras formaciós políticas en relación co tema medioambiental. Seguramente en poucos espacios vai atopar, de xeito tan reiterado, a información de que aquí, na confección do PXOM, furtáronnos a redacción da Axenda21Local, algo elemental á hora de falare da recuperación do capital natural, que non lles preocupa.
-
O Bloque falou de nova ribeira marítima e quere fagocitar pró seu uso as marismas de Lourizán, e nos enlaces seguintes, ámbo-los dous de La Voz, pódese percibi-la gran mentira de Mosquera, o seu falso ecoloxista de tantos anos a contar mentiras, mesmo valéndose da súa correa, a APDR, que ten tamén outra homónima en Vigo, que mesmo se dispón a intervir no Parlamento europeo pra reclama-la consumación dunha ilegalidade: a construcción da macrodepuradora viguese n´O Lagares, zona marismeña, ilegal polo tanto según a Lei de Costas.
-
Enlaces:
-
-
La Voz de Galicia; 26.01.2010: O Bloque, mentireiro, non quere recupera-las marismas de Lourizán.

No hay comentarios: