Recheos no Areal, de Vigo, paralizados por orde xudicial, a rebufo da exemplar sentencia do T.S. en relación cos producidos no porto de Marín, ilegales.
-Pontevedra, 8.01.2010
-
Entrada n. 1116 do blog
-
RECHEOS DO AREAL, PARALIZADOS,
por Xesús López Fernández
-
É fácil estima-lo que tería dado de sí a praia do Areal de Vigo maxinando aquel espacio como a Concha de San Sebastián. Algunhas das casas primeiras do Areal aínda brindan unha elegancia real, pensadas talvez como edificios prá primeira línea do mar, como tamén as da Avda. Montero Ríos, onde eu nacín.
-
Gardo na miña memoria a vista do mar e aquel entorno hoxe deteriorado, comido polas terrazas e vías soterradas. E teño unha idea vaga de cando comezaban os recheos do Areal, a desfeita da gran praia que puido ter Vigo.
-
Que agora actúe unha xueza pra evita-la demencia de acabar co mar como quere Corina, como antes querían Caballero ou García Pedrosa, o home que aseguraba que "un porto ten que poder crecer ilimitadamente". Sí, e acabar coa ría de paso, como en Pontevedra. Son xentes con alma de secano.
-
Un cargo do ministerio de Medio Ambiente está acusado pola xueza que instrúe o caso. Vigo pode perder 35000000 de euros, din; pero pode desa forma salva-lo seu mar. Si hai que devolver cartos a Europa, a devolvelos toca. Veremos que pasa en Pontevedra con tanto proceso iniciado e prolapsado no TSXGalicia. Vergonza.
-
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario