Como na viñeta d´hoxe, de Caín en La Razón, en Pontevedra i en relación co tema do Urbanismo parece temos ese biotipo dono da súa razón e da dos demáis, que non contamos.
O Concello dí que é cuestión de días o desbloqueo das obras na nova ponte d´As Correntes. (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 25.01.2010
-
Entrada n. 1135 do blog
-
O Concello dí que é cuestión de días o desbloqueo das obras na nova ponte d´As Correntes. (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 25.01.2010
-
Entrada n. 1135 do blog
-
A DESGRACIA D´AS CORRENTES,
por Xesús López Fernández
-
O bestialismo como forma de actuar pra acabare coa ría de Pontevedra mostra diversas caras. E todas parecen estar dacordo en acabar coa natureza despois de ter falado hai xa anos da Carta de Aalborg, á que o concello pontevedrés está adherido.
-
Todo falacia, mentiras, como tamén a declaración como lic --lugar de importancia comunitaria-- da xunqueira d´Alba, pra cuia morte e desaparición final pode ser un paso decisivo a ponte ideada polo concelleiro de Infraestructuras e Ordeación do Territorio do Concello dos Camaradas, do que no seu día e precautoriamente paralizou as obras Costas, por falta dos oportunos permisos.
-
Agora volven dende o Consistorio coa noticia de que a suspensión vai ser levantada. Cuestión de días, según dín. Veremos, porque aquí parece que a nadie lle importa a Carta de Aalborg, nen a Axenda21Local, que tampouco importa á oposición. ¿Cómo o PP pode denunciar faltas no PXOM do Komisario Concelleiro e non lembra-la necesidade da redacción da Axenda21Local? A construcción da denunciada ponte pode ser un acto de irracionalidade como o da construcción do ferrocarril pola praza d´Os Praceres ou os recheos que unha sentencia do T.S., según o post anterior, declarou ilegales e prá que os veciños d´Os Praceres pide a inmediata execución. ¿Cántos dos políticos pontevedreses que falaron da Carta de Aalborg, discurso que lles quedou conxelado, non están enmerdados en actuaciós contra o orde legal?
-
Sigue un enlace do Faro de Vigo d´hoxe: As obras da ponte d´As Correntes.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario