Eladio Torres Castro, presidente da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, que solicita a inminente execución de recén sentencia do T.S. en relación cos recheos promovidos pola Autoridade Portuaria, declarados ilegales.
Vista aérea do Porto de Marín, do que deberán ser retirádo-los recheos á situación do ano 2000. Son algo máis de 300000 metros cuadrados de lámina d´auga os que foron inícuamene invadidos, asunto no que non se salva nengún dos tres partidos presentes na escea. ¿Por qué non se criminaliza a actuación dalgús deses persoaxes, culpables por deixadeza de funciós, culpables talvez por algo máis?
-
Pontevedra,24.01.2010
-
Entrada n. 1134 do blog
-
Vista aérea do Porto de Marín, do que deberán ser retirádo-los recheos á situación do ano 2000. Son algo máis de 300000 metros cuadrados de lámina d´auga os que foron inícuamene invadidos, asunto no que non se salva nengún dos tres partidos presentes na escea. ¿Por qué non se criminaliza a actuación dalgús deses persoaxes, culpables por deixadeza de funciós, culpables talvez por algo máis?
-
Pontevedra,24.01.2010
-
Entrada n. 1134 do blog
-
EXECUCIÓN DA SENTENCIA DO SUPREMO,
por´Xesús López Fernández
-
Na edición impresa do Diario de Pontevedra d´hoxe, e coido que é o único periódico que dá noticias do feito, aparece a comunicación de que a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres solicita a inmediata execución da sentencia do T.S. que declara ilegal o actuado sobre máis de 300000 cuadrados de lámina d´auga.
-
"As sentencias, nun estado de dereito, non se discuten; acátanse e cúmprense" e que ademáis, según o portavoz do colectivo veciñal, Eladio Torres, esa sentencia creou xurisprudencia no caso do porto vigués. "Non tiñan definido un plan de usos. Pra nós, éso é unha alegría, porque o mar non se pode rechear pra montare un hipermercado ou unha área comercial. Hai que defini-los usos", indicou.
-
"Os que parece ser que non teñen vontade de arranxar este tema son os políticos; que non lles preocupa o que lle pase ós veciños nen ós empresarios, independentemente da color política" matizou o represente do colectivo denunciante. A sentencia é innegociable.
-
Eladio Torres mostrou a solidaridade coas empresas, ás que son os políticos os que lle deben buscar solución vía porto seco ou como proceda. E lembremos que aquí nengún dos nosos políticos está libre de culpa, que mesmo a Gonvarri, a empresa cerrada en Barcelona por contaminación continuada do medio mariño con zinc e cadmio, está agora establecida nos recheos deshonestos da Autoridade Portuaria, con primeira licencia outorgada polo concellal Mosquera. ¡Qué raro, cando en Vigo non-a quixo Lois Pérez Castrillo, e agora están en Marín electrocincando chapa como industria auxiliar de Citröen!.
-
Lembremos que outras dúas sentencias en relación con denuncias promovidas pola Plataforma da Praza d´Os Praceres, siguen pendentes de execución, sen que os políticos se preocupen pola reposición da legalidade, nen a Xusticia actúe d´oficio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario