martes, 26 de enero de 2010

O CRUCEIRO DE ESTRIBELA

O cruceiro de Estribela está situado actualmente na Praza das cinco Rúas, de Pontevedra.
-
Pontevedra, 26.01.2010
-
Entrada n. 1138 do blog
-
O CRUCEIRO DE ESTRIBELA,
por Xesús López Fernández
-
O cruceiro está no actual emprazamento dende o ano 1962 (¿?). Varias entidades representativas da parroquia de Lourizán acaban de reclamar oficialmente ante a Xunta de Galicia, o retorno ó seu lugar de orixe, porque se trata dun ben inmoble e como tal non susceptible de traslado do seu entorno. As entidades que reclaman a reposición do cruceiro ó seu lugar orixinal son: A Asociación de Veciños Estriceres, a Comunidade de Montes, a de San Andrés e a Plataforma en Defensa da Praza d´Os Praceres. "Existe unha opinión xeral de que lles deron o cambiazo e lles foi roubado un dos máis preciados bens do seu patrimonio histórico cultural.
-
Un pergúntase tamén se non vai sendo hora de que na parroquia se forme unha comisión pra xestiona-la segregación do Concello de Pontevedra e a configuración dun novo concello no que se integrarían Lourizán-Praceres, Estribela e talvez Salcedo. Porque no plan de "recuperación" litoral, que non existe, o Concello anda a cedellar coa teima de converti-las marismas de Lourizán noutra cousa; i en non lles devolve-lo mar.
-
Ver enlace:
-
-

2 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Coa sorte que teñen os de Lourizan calquera día lles meten ese cemiterio nuclear que andan a buscar os xestores da enerxía atómica.

xesús lópez fernández dijo...

Xa ves que a Mosquera estalle a medra-la lingua --realmente ten varias linguas, distintos contos-- e quere convertí-lo espacio das marismas de Lourizán nunha gran bolsa de terreo pró "lecer" cidadán.
É decir, de Axenda21Local, nada de nada. "Os ecoloxistas mentireiros"......da Carta de Aalborg.
Tamén son carnaza. Churrasco.