viernes, 19 de noviembre de 2010

COLÓN RENACE EN PORTOSANTO

Casa-Museo de Colón, da que informa o Faro de Vigo que inclúe esta fotografía coa nova.
-
Pontevedra, 19.11.2010
-
Entrada n . 1362 do blog
-
COLÓN RENACE EN PORTOSANTO,
por Xesús López Fernández
-
As investigaciós de don Celso García de la Riega parecían deixar, máis ou menos claro, que Colón tiña nacido aquí, nesta ría. Houbo moito debate sobr´o tema e co devir dos anos outras persoas, investigadores, historiadores, foron afondando no tema. Que se teña querido, incluso, identificare a Colón con Pedro Madruga de Soutomaior é algo que nunca cheguei comprender.
-
Que Colón brindara os seus oficios, primeiro ós portugueses, despois ós Reis Católicos, á par que simulaba unha orixe distinta á súa verdadeira, tería que ver co feito de ser partidario da causa de Xohana, a filla de Enrique IV, motivo pra que os Reis Católicos non lle brindasen financiación, que había que conseguir.
-
Habería moito que falare do tema, pero o que aquí nos interesa é, simplemente a tradición e o feito de que Colón debería ter un conocemento pleno da ría de Ponteveda, dos seus accidentes, enseadas, cabos, puntas, e da división parroquial do noso entorno. ¿Cómo, senón, explica-lo feito de que fose bautizando os lugares que ía descobrindo con nomes como o do seu Portosanto presuntamente natal, o de San Salvador (de Poio), o de San Xohán (de Poio), o de santo Domingo (de Pontevedra), etc... ata o punto de que incluso levou pra alá o nome do río da Serpe, un regato que pasa por Combarro, punta Lanzada, e nengún nome italián. Curioso... Pero, en fin, aínda que levou tempo a recuperación da "súa" casa de Portosanto, á fin está. I esperemos que poida ser un centro de estudio e investigación das raigañas galegas de Colón.
-
Enlace:
-
-

No hay comentarios: