martes, 23 de noviembre de 2010

A PREPOTENCIA DOS DOUDOS.

Porto de Marín. Agora sí.... Os Concellos de Marín e Pontevedra coinciden en que o plan especial do 2005, non ampara a actividade sobre os recheos. Benditiños, qué medo lle teñen ás multas que se poidan derivar da súa actuación. E presumían d´honestos. (Foto de La Voz)
-
Pontevedra, 23.11.2010
-
Entrada n. 1368 do blog
-
A PREPOTENCIA DOS DOUDOS,
por Xesús López Fernández
-
Teñen que medir mellor as palabras sobre o que foi a súa política destos anos ou, mellor dito, a súa non-política. E pra eso traio aquí dúas noticias d´hoxe, aínda que podería traere máis. O Concello local quer seguir coa anexión de chan e, na súa demencia, quería facere unha nova rotonda, máis grande, á altura da vella concesión de Malvar. Querían levare a súa "humanización" a ese vial, fardando ademais de ter executado gran parte das obras do tramo municipal. ¿Pero realmente é municipal o tramo de costa no que se puxeron a facer tonterías, ou é dominio público marítimo terrestre? E o d.m.p.t. non é do concello nen do Estado, senón que éste ten que sé-lo garante, o velador, dun ben que nos pertence a todos.
-
Fomento alegou que esa glorieta, como os primeiros metros do proiecto municipal terían que ser revisados por técnicos. Total, discrepancias. O Concello admite que ese espacio, o da glorieta, queda fóra do seu ámbito particular. Pero en nengún momento da noticia se comenta qu´estos memos parecen non estar enterados de que a vella concesión de Malvar xa non existe; que por sentencia do 14.09.2009, o TSXG sancionou a fin da concesión e o retorno á condición de d.m.p.t., emprazando ó MARM prá elaboración do plan de recuperación e o nomeamento dun funcionario pra dirixi-los traballos a practicare. (Por certo, sentencia resultado de procedemento incoado por medio de denuncia de Salvemos Pontevedra, ¿está claro?.) O TSXG esteblecía o prazo un mes prá resposta e redacción do plan polo MARM. (Noticia do Faro de Vigo, 23.11) sobre as discrepancias existentes antre Fomento e o Concello)
-
Pontevedra cree que é imposible conceder licencias pra actividades no Porto. En realidade foi Marín quen dou o primeiro paso. O Concello de Pontevedra súmase desta volta ás súas tesis porque hai que "vender" legalidade cara as novas elecciós cando todo canto se leva feito nesta tenza roubada ó mar, alcatrea, de verdade que alcatrea. (Sigue noticia de La Voz: Pontevedra cree que é "imposible", qué listos, conceder licencias no Porto)
-
E Lores, que non acerta no seu discurso declara que "non é fracaso persoal que Ence siga na ría". E o home aínda sigue a falare do 2018, cando ese é un prazo qu´os políticos se dan a sí mesmos pra manteren en Lourizán o contubernio industrial. Lores sabe que as empresas aí radicadas carecen presuntamente de concesión, como o caso de Holcim, que xa temos comentado, que nunca tivo concesión, nen licencia municipal, e incluso neste caso rotundamente claro, o home fai deixadeza de funciós. ¡E pensar que non hai un fiscal que actúe de oficio! (Sigue a noticia de La Voz, 23.11, co mesmo título do entrecomillado da primeira línea). Non é fracaso, e contubernio, complacencia, traición. I está desesperadiño pra seguire repetindo o mesmo discurso de sempre. Non lles queda a todos eles outra cousa qu´a prepotencia dos doudos mentireiros.

No hay comentarios: