sábado, 6 de noviembre de 2010

FDEZ. LORES, ¿QUÉ SE CREE?

Fdez. Lores, outravolta candidato do Bloque prá alcaldía de Pontevedra (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 6.11.2010
-
Entrada n . 1344 do blog
-
FDEZ. LORES, ¿QUÉ SE CREE?,
por Xesús López Fernández
-
Dend´o ano 1999, cando este home arrancou coa alcaldía, a cidade entrou nunha completa involución. Suprimida a circulación radial, Pontevedra quedou, ademais, privada de arterias. A peatonalización salvaxe matou a gran parte da cidade, arruinou o comercio.
-
Valéronse do plan Urban e da traición dalgún empresario pra desface-la cidade. Nunha histeria depredadora imperdoable sustituiron a pedra noble por outra que parece unha especie de aglomerado, na que destacan sobre todo as tapas-trampas, as estrelas do seu desenvolvemento sustentable: escachan, repóñense, volven escachar, vólvense repoñer. E a eso chaman eles humanización, accesibilidade ou como se lles ocurra. Agoran falan de "mobilidade intelixente e de non sei qu´outra carallada sustentábel", así en galegués.
-
Outra das caralladas desta xente foi a luminaria imprantada, os torpedos supositorios; outra o unidireccionalismo de corredoira; e outra a tolerancia dada ás bicicletas que, ainda sendo un vehículo, parecen ter máis dereitos que os peatós.
-
As prazas típicas perderon o seu sabor e, cos disparates acometidos, claro que se cargaron a cidade e a necesaria circulación. A cidade é hoxe un Gulag. I éso sabémolo os que residimos na zona vella, onde non souberon fixare poboación, cada día máis deserto. Tabernas, sí, a disposición dos de fóra, coas prazas privatizadas a favor de tascas sen superficie nen hixiene. E con éso, claro, cárganse a famosa accesibilidade.
-
E agora xa non teñen esperanzas, porque saben que non venden nen co lema de ¡Ence fóra!, nen con cuestiós como as da ferrocarril d´Os Praceres, no que foron tan culpables e tocados da presunta corrupción como os demáis e que se alí se gañou un pleito pró Concello, foron os veciños, que este Concello depredador non gastou un peso; ou no tema do Porto. Ou no caso de Holcim, que non son capaces de cerrare aínda non tendo concesión de terreo, nen licencia municipal.
-
E a corrupción anda, presuntamente, claro, no tema da construcción da edar d´Os Praceres, prá que non dubidaron en gastare cartos de Europa, a pesar de que a Lei de Costas, coa que todos queren acabare é rotundamente clara ó respecto.
-
¿Pero que argumentos teñen? Nengún. O de identificare ó PP có lobo, que este partido vai poñe-lo urbanismo patas arriba, o que fixeron eles, vamos, e a cidade, consecuentemente está agoniante.
-
Aquí, con cartos, podería gañare nas próximas elecciós o partido que dea os pasos necesarios prá reposición da legalidade e do Estado de dereito, prácticamente desaparecido. Pero contos non enchen. Xa non.
-

4 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

El tal Fdez es otro iluminado que cree haber descubierto la pólvora.
A partir de ahí empiezan estos experimrntos urbanísticos, circulatorios, de "diseño" del tráfico vial bajo la premisa estúpida de que hay que "modificarlo todo", barrer lo anterior por el simple hecho de que están mandando ellos y ya se sabe...
Nepotismo cateto,querido Xesús.

josele dijo...

Socialismo o muerte.

Caminarán todos juntos hasta la victoria final y la resurrección del Che Guevara.

o blog de xesús lópez dijo...

O bien, Natalia, estalinismo versus Gulag, el modelo que les ha servido a estos comunistas de corredoira para castigar a esta ciudad, hoy asfixiada.

o blog de xesús lópez dijo...

Amigo Josele:
Estos visionarios a lo mejor han reencarnado al Che Guevara en alguna de las barras de la zona vieja, porque el todo tasca es lo que les va, es su modelo idílico de ciudad al tiempo que con la ayuda de algún gran hermano traidor se han cargado la zona comercial que existía en la zona vieja.
En muchas de las aludidas tabernas se dá como una especie de metástasis del Che, que aparece en diversos puntos, sobre todo para evitar que los residentes en la zona podamos descansar, una forma de lento exterminio o de inducción al suicidio, que algo creo que ha habido al respecto.