martes, 2 de noviembre de 2010

OS NOVOS ZAQUEOS

Obras na praza do Obradoiro prós actos litúrxicos que se van celebrare con motivo da visita de Benedicto XVI a Santiago o próximo día 6 deste mes. A construcción d´Europa por medio do Camiño de Santiago, sigue, pero hai moito que restaurare ante o novo proceso de islamización que sofre o país. A ocasión é única coas balconadas do entorno todo, especialmente as do pazo de Raxoi ou do antiguo hospital de peregrinos, hoxe Hostal dos Reis Católicos, pra qu´os n ovos Zaqueos se acheguen ó lugar e poidan ver, si é preciso con alcances, ó sucesor de Xesús á fronte da Igrexa por el fundada, pra pediren perdón polas súas culpas. (fotografía do ABC)
Esta árbore é un sicómoro, denominada como a figueira propia de Exipto. A súa madeira considérase imputrescible e usabase prá fabricación dos sarcófagos dos faraóns. Fixen esta fotografía o 14.07.2009, con motivo dunha viaxe a Terra Santa, en Xericó. A unha árbore desta caste sobírase Zaqueo, xefe de publicáns e rico, baixiño d´estatura, que quería ver a Xesús.
-
Pontevedra, 2.11.2010
-
Entrada n . 1336 do blog
-
OS NOVOS ZAQUEOS,
por Xesús López Fernández
-
O evanxelio de San Lucas, leído este pasado domingo, conta que nada máis chegado ó lugar, Xesús reparou en Zaqueo, na copa da árbore, e a el se dirixeu:
-
-"Zaqueo, baixa aixiña, que hoxe teño que tomar pousada na túa casa".
-
El baixou célere e ledamente acolleu a Xesús. Pero a xente murmuraba: "Entrou a se acoller á casa dun pecador".
-
Pero Zaqueo púxose de pe e comunicoulle ó Señor: "Mira, a mitade dos "meus bes" dareilla ós probes, e se d´alguén me teño aproveitado heino restituir ata catro veces máis". E Xesús comentou: "Hoxe entrou a salvación nesta casa, tamén éste é fillo de Abraham. Porque o Fillo do home veu buscar e pra salva-lo que estaba perdido".
-
Vese que Zaqueo, movido pola gracia, sacou de sí o mellor e fixo a confesión pública relatada. I eu maxino pra ese día 6 a presencia de non poucos Zaqueos na praza do Obradoiro, porque este país, en clave política e socioeconómica, está sometido a unha probeza crecente e deterioro brutal polo mal goberno do que foi ouxeto, pola corrupción encarnada por tantísimo Zaqueo, presuntos ou conocidos, que ese día poderían dar un concerto maxistral, unha confesión coral e pública ante o sucesor de Cristo Xesús e ante o pobo galego en xeral, secuestrado, privado da súa riqueza, da súa paisaxe, da súa lingua real...

No hay comentarios: