lunes, 22 de noviembre de 2010

É A HORA DE NON PENSAR

O discurso de moitos políticos pode ir na senda do predicador do chiste de Caín (como os que siguen, todos en La Razón): A política social zapateiril, de cada volta máis paro, máis de laicismo agresivo, pode traer como conclusión unha nova loita de clases, cun ouxetivo claro na gran maioría das xentes: chegar a ser político; mellor aínda, vivir da Política.
Neste outro discurso o novo predicador pode pensar que había unha maior carga de honradez na política franquista.
Hai moitos políticos doudos que, incapaces de ter programa non van máis alá das encrucilladas: poder evadirse das sentencias, estanca-lo denvolvemento local, converti-la cidade en gran encrucillada e pozo de miseria.
Estado en crisis, sen fondos, a grandeza, a razón de Estado obriga ó líder a face-las consignas decote máis simples. E talvez feroces. Por exemplo: "Hai que dinamita-la Cruz do Val dos Caídos".
Non sei si é un político o que fala ou un cidadán xangal, parvaxolo, aínda que ben vestido.
I esta é a consigna prás cataláas do 28-N. Agora toca non pensar; sí deixármonos engañare e votar, pra qu´os cenutrios sigan coa súa noria de sacas e desgoberno.
-
Ponteveda, 22.11.2010
-
Entrada n. 1367 do blog
-
É A HORA DE NON PENSAR,
por Xesús López Fernández
-
Nadie sabe xa donde radica o voto útil. Despois de anos de inútil gobernación, de presuntas prevaricaciós e saqueo do Tesouro Público e fondos de cohesión, parece que no horizonte das políticas inmediatas van ter unha especial relevancia temas como o do aborto das menores, a eutanasia, o laicismo agresivo, o deterioro sustentable do medio ambiente, etc., do que tamén temos constancia a nivel local.
-
Queren que non pensémo-lo voto, i estultamente, en base á pura mentira, os burladores das leis vannos pedir que outemos por lle dá-la nosa confianza, aínda que non-a merezan. E hoxe, pra mostra abonda un botón, vai falare o alcalde Lores, que quer seguir a "administrare". Vai ser por medio de VTelevisión, seguramente varias tapas de "accesibilidade", do seu barato e falso "ecoloxismo", de cómo vai escaquea-las sentencias do TS, se pode, cando foi tan culpable como os mandantes dos outros partidos na desfeita organizada do medio ambiente natural, como tamén do medio ambiente urbán, da desfeita de prazas e arterias, da conversión de Pontevedra en pura encrucillada na que é difícil entrar ou sair.
-
O pasado 20.11, un medio periodístico publicaba, como exemplo do labor urbanístico dos últimos dez anos, unha serie de fotografías que non se corresponden, nalgún caso, coa realidade. A praza da Verdura, antes (mentira, a foto corresponde ó espacio arrasado, privado das catalpas, da pedra, incluso dos bancos prodixiosos que mostraba, na súa elegancia), e despois, que corresponde a actual costa na que quedou convertida, coa presencia dos novos bancos recén estreados, sen as terrazas que evidencien a privatización dese espacio en favor das pequenas tabernas; foto do Mercado vello medio derrubado, como que parece un esceario de guerra, e foto do Mercado novo, na que se evidencian os restos da muralla musealizados, un pegote na accesibilidade e que pode incidir na involución do día a día dun centro comercial que se apaga; foto da antigua Avenida de Santa María, señorial, e a do novo deserto de pedra alí configurado.
-
E que non se disculpe en temas como o d´Os Praceres e o Porto Especial. Ou que explique, si se atreve por qué sigue coa matraca do 2018, cando Ence i Elnosa xa non teñen concesión, así como Holcim, que nunca a tivo, nen licencia municipal. Xa que é tan honrado, ¿Por qué non actúa?
-
Pero, en fin. Anque nos pidan que non pensemos, sí debemos pensar na campaña como un fraude ou unha excelencia de consignas, puro marketing que só vale pra idiotas.
-
Enlace:
-
E na Pontevedra de Lores xa non é posible un transporte público como o que se mostra no video. Estamos na involución en estado puro. (Por certo, gracias ós ingleses pola filmación)


2 comentarios:

josele dijo...

muy bueno el título del post !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

resume toda una década de sinrazón, absurdo y descontrol, tan propio de nuestra querida "Antiespaña"

o blog de xesús lópez dijo...

E gracias ó documental inglés sabemos que un transporte urbán intelixente funcionaba aquí no periodo marcado pola presencia do trolebús, 1943.89, pero é que xa d´antes tiñamos tranvía, o mesmo tranvía que unía Marín-Pontevedra-Lérez. N´aquel tranvía achegabame e Lourizán ou ben a Os Praceres, xa nos anos 36, 37, 38; pero a intelixencia viña d´antes. Parece qu´os políticos, d´aquela, eran máis intelixentes qu´os de arestora. Ou que polo menos pensaban máis, ou tiñan máis sentido común.