

-
Pontevedra, 18.11.2010
-
Entrada n . 1358 do blog
-
O ESTADO DE DEREITO FUNCIONA,
por Xesús López Fernández
-
-
Mentres permanecen sen execución miles de sentencias en relación con irregularidades urbanísticas, tendo sido noticia últimamente a cuestión dos apartoteles de Samil, as Torres Ifer, as burradas que, por inducción presunta d´algún capo, fóronse acometendo n´Os Praceres [o ferrocarril, os recheos, a propia edar], tocoulle a vez á máis homilde das obras sentenciadas, unha casa a pé de praia n´A Pragueira, en Sanxenxo. Según a interesada, existen no lugar máis casas ilegales, pero o Estado de dereito fixouse só na súa. Á interesada espéralle agora o longo camiñar pola vía contenciosa.
-
Temos tocado esta noticia no blog, pero a nova d´hoxe é que o Estado de dereito [ou de desecho], no caso da propiedade de María José Barreiro, sí existe, como cando lle derrubaron a casa a un probe pensionista, en Combarro, que foron a por el e sacárono da casa en pixama, mentres pasado o tempo, ¡horror!, a xeografía de Combarro, o entorno da praia d´A Canteira e o litoral todo ata Sanxenxo, está totalmente infectado por presuntas ilegalidades, brutalmente cambiada a paisaxe da ribeira norte da ría de Pontevedra.
-
Pero en moitos destos casos o Estado de dereito fuxe. Porque os presuntos capos parecen ter máis forza. Contra deles non ousan facer nada os nosos gobernantes.
-
Enlaces:
-
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario