domingo, 7 de noviembre de 2010

O SOTERRAMENTO DO TREN

O porto de Marín sigue crecendo con novos recheos. (Foto do Faro de Vigo, 7.11.2010)
-
Pontevedra, 7.11.2010
-
Entrada n . 1345 do blog
-
O SOTERRAMENTO DO TREN,
por Xesús López Fernández
-
Tarde se lembra Fomento de ofrecer unha solución seria que non serviría pra nada; porque desta volta hai tamén unha sentencia firme en contra dos recheos ilegales do Porto de Marín e de varias das empresas que deberán ser retiradas. Algunha, como Gonvarri, sabe doutro levantamento, en Barcelona, e inda se debe atopar en internet o sumario que a declaraba ilegal. E si agora traballa no porto é por lle teren outorgado licencia os asesinos da natureza que permanecen enquistados no organigrama do Concello de Pontevedra.
-
Pero a solución que ofrece Fomento, unha das que ofrece, de soterra-lo ferrocarril é completamente necia, porque en boa lei esa obra sería completamente estúpida, ó servicio dun porto que, mediante cargas de dinamita e de recheos deshonestos creceu en demasía. Que desta volta diga o presidente da Autoridade Portuaria, o home de Ana Pastor, que soterrare o ferrocarril mermaría a competividade do porto non deixa de sere unha xangada, porque ese porto, sobredimensionado como está é unha especie de cáncer (ou cáncaro, nunca cancro) que veu tragando a ría e aniquilando a praia de Pontevedra, estiñando as marismas de Lourizán.
-
O vergonzoso é qu´as autoridades queiran seguir a se burlaren do TS e non apresurarse a rectifica-lo mal feito. Vergonza lle debería dar ás autoridades de Marín e Pontevedra, tan "sensibles" ó dictado das mafias de que as sentencias se teñan producido polo exercicio da acción cidadáa pola Plataforma prá Defensa da praza d´Os Praceres.
-
Verdadeiramente é a esas xentes ás que lles deberemos dá-lo noso apoio e insisto dende aquí nunha idea que hai uns días apuntaba Josele: a posible construcción dun monumento pra asentare na propia praza, á memoria da Parroquia mártir d´Os Praceres, que sofreu as agresiós dunha policía convertida en exército ó servicio de intereses condenados polo TS.
-
Siguen enlaces con noticias deste día:
-
-

-
Faro de Vigo, 7.11.2010: Empresas e administración creen que o soterramento do tren ameaza o futuro do porto. Mentira, porque a administración de Xusticia entende qu´o Porto é un peligro.
-
Sigue o enlace dunhas declaraciós necias do presidente da Autoridade Portuaria:
Faro de Vigo, 7.11.2010: "Si queremos un puerto competitivo tendremos que ampliarlo". O home pode deci-lo que sinte, pero o prantexamento que fai non deixa de ter un certo perfil demencial. Aquí esqueceuse o dito hai moitos anos por Don Rafael Picó, enxeñeiro xefe de Obras do Porto, que nunca proporía unha ampliación do porto de Marín, pra grandes naves, que pra pensare algo así, nesta ría, habería que situarse, talvez, en Bueu. Pra que aprendan os talibáns desta hora, os nemigos da natureza.

2 comentarios:

Plataforma Defensora Praza de Os Praceres dijo...

Bravo, estupenda entrada Xesus. Certa, valente e transparente. Sen dúbida ninguen coma tí pode sacar instantáneas tan claras en pouco tempo sobre este tema tan complexo pra marioría dos cidadás.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, amigos. Eu procuro simplemente non traicionare á miña conciencia.
Sei ademais o que era Lourizán, a miña praia da infancia, onde aprendín a nadar, na que coido había restos das famosas entalladas, outra das riquezas desta ría, riqueza que sí era sostible, marcada polas mareas que xa non campan na nosa ría.
Outra cousa. Témola comentado Josele i eu: interésame acceder ó enlace das vellas fotografías da praza, de cando a policía mallou en vós.
Procuraría inserila no meu blog, algo que tamén a Josele lle gustaría. Talvez haxa aí un filón pra demostrare en FAcebook o drama, o abuso, a ocupación disposta polas mafias.
Alguén que manexe ben Facebook podería, talvez, construire nesa rede social un punto de encontro, para espalla-la verdade e pra demostrare ónde radica o verdadeiro mal.
Sería tamén un bo instrumento prá vosa candidatura nas próximas municipales. Si é que decidides presentarvos.
Saúdos, Xesús.