jueves, 4 de noviembre de 2010

SENTENCIAS DE DERRIBO

Casa sentenciada a derribo, na praia de Pragueira, en Sanxenxo. Un xués demora a execución da sentencia, emprazando á propietaria a que o faga ela mesma (foto de La Voz de Galicia)
Apartoteles de Samil. Sentenciados hai anos, agora pretende o concello vigués o seu derrubo en cuestión de dez días. Outros edificios están en lista d´espera. (Foto La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 4.11.2010
-
Entrada n. 1339 do blog
-
SENTENCIAS DE DERRIBO,
por Xesús López Fernández
-
As fotografías refírense a dúas obras sentenciadas. Inclúense os enlaces das noticias a pé de post. É lóxico que se cumpran as sentencias cando as construcciós se fixeron quebrantando a lei. Nalgús casos, as construcciós puideron facerse con licencia municipal e non por eso deixar de sere ilegales.
-
Lembremos agora o derribo dunha casa unifamiliar en Marín, perto de Portocelo, ou tamén o do tanatorio de Montecelo, como cando derrubaron unha modesta casa en Combarro, unha casa que estaba por rematar e na que vivía un pensionista. Cando comezou o derribo foi nas primeiras horas da mañá, e alí estaba a forza pública pra sacare ó home da casa, coido que en pixama.
-
Qué cobarde é o Estado de dereito cando non se atreve con sentencias firmes que levan xa algún tempo dictadas, como as que afectan ó ffcc a a Marín pola praza d´Os Praceres, o ferrocarril ó que se opoñía o ministerio de Medio Ambiente do Partido Popular, porque ía ocupar 55000 metros cuadrados de dominio público marítimo terrestre.
-
Seguirían despois outras sentencias: Tradepana, os recheos do Porto no que están asentadas certas industrias non necesariamente avincalladas ó mar, que terán de ser derribadas, ou derrubadas, ó se comprire as sentencias, ás que se opoñen os "defensores do Estado de dereito", entrecomillado pra que ben se entenda. Tamén seguimos sen saber qué plan tracexou o ministerio do MARM, ministerio do tres en un, entelequia inventada polos sociatas ó suprimiren o ministeriode Medio Ambiente, en relación con Mollavao, a vella concesión de José Malvar, sobre a que existe sentencia firme do 14.09.2009, emprazado o ministerio pra, no prazo dun mes establece-lo plan de recuperación do espacio, ademáis de facilita-lo nome do funcionario responsable da súa execución.
-
Agora que estamos en campaña anda o BNG a decir que é partidario do levantamento das vías da praza d´Os Praceres, en relación coa proposta que Fomento fai de dúas alternativas pró tren que resulta que, se se cumpre a sentencia, e haina que cumprir, non vai ter porto, porque hai que levanta-los recheos.
-
A vergonza é que se executen as sentencias contra probes desgraciados e non se executen en agresiós nas que os partidos estiveron trufados de intereses mafiosos, polo que se ve. Cando foi da malleira, das lesiós que a policía causou a algunhas das persoas d´Os Praceres, por se opoñeren ó paso do tren pola praza, resulta que, polo que agora sabemos, os papeles estaban cambiados, pois foron os veciños os que defenderon o Estado de dereito. E a policía actuou daquela, suponse, como exército ó servicio de intereses privados. E aí sigue facendo falta un xuicio penal, porque o levantamento da vía non entra na posible criminalidade do alí feito.
-
Enlaces:
-
-
-
-
La Voz de Galicia, 5.11.2010: A Xunta multou en tres ocasiós á dona da casa de Pragueira. ¿E á Autoridade Portuaria de Marín polo delito ambiental continuado, non?

No hay comentarios: