miércoles, 17 de abril de 2013

ALGUNHAS HISTORIAS DE CONSUMO [2.04.2004]

Éste é un dibuxo fractal. Na Terra queda unha única árbore na que están acobilladas sementes de diversas especies, como agardando o momento preciso prá reconquista do Planeta. I ésta é a gran asignatura esquecida, algo que o home vai ter que aprender, reaprendere a vivir en convivencia coa Terra antes de que sobreveña unha situación como a do retrato, na que xa só queda unha única árbore. I é certo que o home, polos odios, polas guerras, pode incluso desaparecer da terra mentres os insectos comecen unha nova colonización. Repensa-la Terra, sobre eso vai o traballo de hoxe, un traballo sobre ecoloxía á lus do libro A Situación do Mundo 2004, do Worldwatch Institute. Pensando tamén na próxima celebración do Día da Terra. 

Pontevedra, 18.04.2013
Entrada n. 1649 do blog
Artículo do 2004


Algunhas historias de consumo, [2.04.2004]
Por Xesús López Fernández

            “A situación do Mundo 2004”, do Worldwatch Institute, refírese desta volta á sociedade de consumo como tema central. Nun primeiro e breve exame vexo que trae unha serie de cortas historias [Entre bastidores], intercaladas ó longo da obra. Parécenme enormamente didácticas, ilustrativas do que non se debe facer, de cómo se foron establecendo unha serie de patrós de conducta dos que a sociedade dificilmente se vai desprender. E, sen embargo, terao de facer, porque o planeta non resiste. Basa-la prosperidade económica das naciós  nun consumo cada vez maior, que amplifique o mercado inmobiliario ata cotas insostibles  ou que incremente o número de siareiros de novas modas e productos está condenado ó fracaso. Por esos camiños, o benestar da economía global ten os días contados. A deslocalización empresarial á procura de man de obra barata que permita unha maior penetración nos distintos mercados e o acrecemento da producción de materias primas fóra de toda pauta ecolóxica, hannos levar á ruína total se non se invirten procesos que parecen irreversibles.

            Unha das historias que trae o libro é a das bulsas de plástico, artículo ubicuo e omnipresente. Dende as primeiras aparecidas no mercado, como envoltorio de bocadiños, fruta ou verduras, alá polo 1957, incluso reutilizadas nun principio, unha vez conseguida a súa fabricación en cadea, como se foran churros, e a xeneralización do seu uso en supermercados, o producto converteríase nun peligro certo pró medio ambiente, sendo como é o destino final da maioría delas os vertedoiros, ós que os norteamericáns botan cada ano uns 100.000 millós de unidades. Certo que actualmente existen xa plásticos biodegradables que significan menos do 1% das bulsas producidas. Si en Bangladesh están impoñendo medidas que prohiben o seu uso, en Sudáfrica ordearon á industria a fabricación de bulsas máis duradeiras, o que trouxo consigo unha reducción dun 90% no uso das mesmas. Outras medidas están en marcha en diversos países, pero a máis orixinal é tal vez a establecida por unha tenda da comunidade de Carolina do Norte, que vende bulsas de loneta con desconto. O vendedor afirma que as ventas multiplicáronse por cinco e que o uso das de plástico desapareceu practicamente. Negocio certo e “bo pró medio ambiente”, di o propietario.

            “A camiseta de algodón”. No ano 1913, a mariña norteamericá reparteu antre todo-los membros das tripulacións unha camiseta interior de algodón enteiramente branca, de media manga, a primeira da historia desas características. E a tal camiseta ven sendo o nexo ó través do que se conduce a historia do cultivo do algodón, das súas necesidades crecentes, da avidez dos mercados de USA e China, de que todo-los anos se recollen, dende Texas a Turquía, uns 19 millóns de toneladas de fibra. De cómo o seu cultivo é un auténtico azote ambiental e que algús dos plaguicidas en uso son sumamente peligrosos según a Organización Mundial da Saúde. Antre o 1997 e o 2000 producíronse 116 casos de envenenamento nos campos de California, cifra que no caso do estado indio de Andhra Pradesh elevouse a 500, e que relacionado coa producción deses insecticidas hai que contabiliza-los 8.000 mortos en Bophal no 1984, polo escape de gas dunha fábrica de Union Carbide. Como consecuencia do que queda dito, un debería mercar camisetas de algodón de producción ecolóxica, certificada pola Federación de Comercio xusto. Exipto quere orienta-la súa producción, en parte, nese sentido.

            O chocolate. Chris Bright aconsella que ó consumir unha tableta de chocolate procuremos asocia-lo sabor ós boscos máis ameazados do mundo e tamén ós traballadores que alí viven. A árbore do cacao é oriunda de América do Sul e da súa semente obtense o chocolate. Hoxe dáse  en 60 países. Como precisa de auga abondante, só pode cultivarse en biomas de selva húmeda, polo que debe considerarse unha bendición a efectos de conservación ambiental, sendo as zonas de principal producción “puntos quentes de biodiversidade”.  Se alí a agricultura ocupa zonas gañadas ó bosco, o cacao pode ser cultivado  baixo o dosel selvático ou en boscos primarios aclarados, mentres que no caso de Indonesia fanno en terreos que perderon os boscos autóctonos, arrasados pola cobiza. Ainda así, soe facerse a prantación con outras especies. Pero o cacao, que ten un valor relativamente alto, responde ben ós coidados, i é preferible traballalo en pequenas explotaciós como na Costa do Marfil. Mais o traballo do labrego non está remunerado, entendendo que éste recibe en torno a un 6/8% do producto final. Como tamén xogan un papel importante os insecticidas convén merca-lo producto cultivado ecolóxicamente, “baixo sombra”, procurar que o que nos vendan traia etiqueta de “comercio xusto”.. Son historias, camiños pró cambio. Outro día, máis. 


No hay comentarios: