Son todos chistes de La Razón, e sobre a Marca España, como este primeiro de Caín, cómo fabricar unha nación...
Caín deseña aquí (é un can o que reflexiona) algo que é unha evidencia sabida: o home xa non conta.
E sigue Caín, que afirma que o país parece non ter saída.
Esteban retrata así a deslocalización dos cartos, a fuxida cara un paraíso fiscal.
De novo Esteban, que agora fala do discurso do consolo relativista. Estamos mal, pero a culpa pode ser de outros que tampouco están ben, que ó mellor nos empatan en corrupción.
Montoro dibuxa a un español orondo que confía na marca Suiza. I en Karl, o mellor caixeiro de Xenebra...
E novamente Montoro insiste, esta vez sobre unha retransmisión en directo de diversos escándalos da marca España. En vivo.
Entrada n. 1644 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A marca España,
por Xesús López
Fernández
De cada volta fálase máis da marca
España. ¿Pero é España unha marca máis alá dunha política de Estado, márketing
a prazo longo pra, cos consensos necesarios ver de mellora-la imaxe do noso
país tanto no interior como no exterior? Ter unha boa imaxe de país debería ser
algo máis que un ideal; tería de ser un activo pra respaldare a posición
internacional dun Estado política, económica, cultural, social, científica e
tecnolóxicamente, sobre todo tendo en conta que é a nosa unha das naciós máis
vellas do mundo, que xa no 801 o Imperio carolinxio funda a Marca Hispánica. Pero as cousas parece que non van ben, como
que son moitos os que afirman que a marca España lles importa un pemento, que o
queren é que a Xusticia funcione, e funcione con total independencia dos outros
poderes, que se non é así, dificilmente nos podemos defender como Estado de
dereito..
Herminio Huerta, en La Nueva España , fai un
inventario das nosas calamidades: 1.
A corrupción da
vida pública: Estado, comunidades autónomas, concellos, partidos políticos,
sindicatos, etc.; 2. A demora do Goberno
anterior en reconoce-la crisis, e a súa febril visión da “verde gomariza”.; 3. A incapacidade e pasividade
do Banco de España e do seu gobernador pra atalla-los desmáns dos políticos que
levaron as caixas de aforros á ruína e cuio saneamento nos leva costado uns
45000 millós de euros, e o que falta (tendo sido ademáis eses políticos os
presuntos ideólogos das preferentes que agora denostan); que, ademáis, dos 90
persoaxes imputados nengún está no cárcere nen devolveu a pasta que
presuntamente rapiñou; 4. As
imprudencias e corruptelas relacionadas coa Casa Real; 5. O imcumprimento
continuado do programa electoral do presidente do Goberno.; 6. A falta de transparencia e
contabilidades falsas nas contas dos partidos políticos […].
No inventario que fai o articulista entran a opacidade das
contas dos sindicatos [….], os case seis millós de parados que ten o país [….],
as fendas do partido da oposición (PSC, ERE de Andalucía, incapacidade prá
renovación necesaria si se quer definire como alternancia de poder) […], empobrecemento xeral dos cidadáns… E tamén
inclúe cuestiós como a desinformación sobre déficit público, inmovilidade da
“casta política” e o medo a reforma-la Constitución mentres a sociedade clama
por un novo modelo de Estado… O sometemento ó Diktatt de Merkel sen un plan de
reactivación da economía productiva; a falta de creto bancario, etc., dito en
breve, están a marcaren a involución do noso país xunto cos partidos
anti-España, e van lastrare non tanto o prestixio da marca España como a
integridade do país.
Se o ministro M. Soria afirma que a
marca España ten máis forza no extranxeiro que no noso país; se o ministro
Margallo comenta que a imputación da infanta Cristina de Borbón no caso
Urdangarín vai en perxuício da dita marca é o propio Mario Conde o que contesta
que non é así, xa que, “partindo da presunción de inocencia, evidenciaríase a
existencia dun Estado de dereito, afectado negativamente por unha clase
politica endogámica que desprecia á sociedade civil, que gusta de súbditos e
non de cidadáns. A constancia dunha Fiscalía ó servicio da política e alonxada
da súa obediencia ó principio de legalidade. A inexistencia dun verdadeiro
Parlamento fagocitado [o noso] polas listas cerradas e a disciplina de voto. A
aparición de separatismos irredentes edificados sobre unha manipulación da
Historia e das emociós colectivas. A aniquilación de seiscentas mil empresas e
a aparición de seis millós de parados, e de moitos cidadáns no umbral da
pobreza, que os españoles ven o seu futuro con desesperanza. Eso sí lastra a
imaxe de España”. E terá de cambiar fondamente a nosa política e acada-los
consensos necesarios se queremos recuperar prestixio, lonxe da cubanización presentida
xa en certas Administraciós.
2 comentarios:
Sobre "La Marca España" me permito poner un enlace que puede ser ilustrativo del tema. Un saludo
http://papabloblog.blogspot.com.es/2013/04/una-cancion-para-la-marca-espana.html
¿Te refieres a "una canción para la marca España", en La Garita del Guachimnán? Si bien la canción nunca me dijo nada, sí podría servir para la zafiedad de la marca España que el texto define bien.
¡Que hablen de España, por favor, y que no se les rompa!
Unsaludo
Publicar un comentario