jueves, 25 de abril de 2013

O XOGO DOS LANZAROTES [20.08.2004]

Unha fotografía do complexo Ence-Elnosa, de La Voz de Galicia. A nova Lei de Costas, que inda non conocemos nada máis que polos titulares de diversos medios, parece unha clara traición ó noso medio natural. O Grupo Empesarial Ence, S.A., que carece de concesión, soña con permanecere aí outros 75 anos, polo menos, que con políticos como os que temos todo é posible.

Se o réxime franquista negaba a posibilidade de permanencia do complexo, por creare problemas prá saúde e convivencia humás; se aquel réxíme, ano 1973, afirmaba o devandito á par que aconsellaba ó Concello de Pontevedra a xestión doutro trazado prá autopista i evita-la construcción da ponte da Puntada polo seu impacto previsto, que resultou brutal; todo semella que, desta volta, como aconteceu co réxime ruso comunista, que cando foi liquidando as empresas estatales, éstas foron  dar ás mans da mafia, e algo así pasou aquí, que o que veu despois do franquismo é simple dictadura relativista, mafia, asociados os actuales políticos cos empresarios beneficiados no caso da vella Ence pra seguiren a acabare coa ría, que incluso Fraga, nun exemplo de presunta corrupción intentou compensare á Ence de José Luís Méndez pola doación deste recibida, o monte Gaiás, vía decreto de Supramunicipalidade que inda agora defende a Xunta de Núñez Feijoo, e ver de acabare co dominio público marítimo terrestre, coa inclusión na súa idea de progreso da papeleira de Georgia Pacific que finalmente [ata cándo?] quedaría abortada.  A ría máis morta, sí, como Galicia enteira cos inducidos dos que fala Arregui dependentes da reforestación irracional practicada no noso país. Irracional e incendiaria, e matadora de aldeas, como sabemos.

Hoxe recuperamos un vello traballo do 2004, que explica algunhas cousas, antr´elas certos movementos dos mandiños locales en relación coa pasteira, coa falta de decisión desas xentes de actuar honradamente, colaboradores có que o Profesor Bermejo denominou "o equilibrio roto", presuntos colaboradores coa mafia, talvez a mesma mafia que quixo impedi-la información deste profesor sobre o caso do Casón, algo sobre o que tentaremos decir algo.

Pontevedra, 25.4.2013
Entrada 1654
Artículo do 2004

O xogo dos lanzarotes, [20.08.2004]
Por Xesús López Fernández

            Parece que o tema de Tafisa trae cola,  que non se sabe cómo vai rematar. Polo pronto válelle a Teresa Pedrosa pra pedi-la dimisión do alcalde Lores, mentres que a asociación de afectados está a urxi-la  de Mosquera. Nun caso como no outro poden estar a actuaren tamén como lanzarotes doutros intereses, como Lores apunta en relación con Nino Mirón que, en plan lanzarote, tampouco cala. Temos circo garantizado. Pero en toda esta comedia podo observar que, ¡á fin!, parece que temos unha Teresa Pedrosa ecoloxista, porque falou de recuperar prá cidadanía unha superficie de 140.000 metros cadrados, o lugar que ocupaba a fábrica. Un, que non ten memoria de tanto, sí lembra que na parte baixa  existía un humedal que incluso foi criadeiro de parrulos. No fondal daquel espacio, cara a Seca, predominaba a vexetación de ribeira. E antre ese humedal e o que hoxe ocupa o estadio da Xuventude, había un terreo alto que foi onde se instalou no seu comezo a empresa. Nada  sei doutras circunstancias, pero é bo que todo se aclare, ademais de que a concellala do PP pode tamén aterrizar no asunto da ocupación do terreo demanial de Lourizán, entrar a fondo no tema da revisión das concesiós que a día de hoxe deben considerarse nulas.

            Esto é algo que tamén se lle escapa ó presidente da Diputación de Pontevedra cando lle pide a Lores que non poña atrancos a Ence porque vai sair políticamente perxudicado, que o vai sentir. ¡Pero é que Lores non pode outorgar licencia se non hai concesión estatal, que é a cuestión de fondo! I estamos nun momento especialmente grave porque, como é sabido, morreu a metade da ameixa de Lourizán, Pontevedra e Raxó. Naturalmente, xa se oíron voces que declaran inocente á contaminación sofrida pola ría. Pero a xente xa non comulga con rodas de muíño e un dos responsables das cofradías manifestou a vontade de procederen pola súa conta a analiza-los moluscos en laboratorios privados se os encargados polo Seprona se demoran.  ¿Pode a chuvia ocasionar esa mortandade? Podería, pero días atrás, con tempo de sol estable, xa morría a ameixa fina de   Campelo. Agora tocoulle o turno a  Lourizán,  a pesar da propaganda da empresa pasteira. I en Raxó debe ter unha particular incidencia o tubo emisario. En fin, que investiguen si é que realmente queren conoce-las causas.       

            Se mencionei o “ecoloxismo” de Teresa Pedrosa é porque o que agora dí sobre a recuperación dos terreos de Tafisa escachifa o seu discurso doutras veces, porque cando foi do debate da reversión do espacio ocupado polas balsas de decantación, daquela, fixo apoloxía dos 300  postos de traballo que  xustificarían a contaminación soportada por unhas cen mil persoas, como agora fai Louzán coa papeleira en base ós 280 empregos  que abranguería, inducidos incluídos. Naquela ocasión estivo moito máis fina Teresa Casal, coa explicación que dou do que é un terreo demanial, que non é do Estado, que é simplemente dos cidadáns (communis omnibus hominibus). O goberno ten que salvagardar esos dereitos das empresas que queren ir máis alá do que representan as concesiós  que disfrutan. O goberno tennos que defender, incluso, dos políticos que usen de discursos non conformes coas leis establecidas, de discursos como o de T. Pedrosa nese pleno ou o de Louzán de arestora. O goberno local non ten por qué crear emprego. Terá, en todo caso, que crea-las condiciós que propicien esa formación que corresponde, fundamentalmente, á empresa privada.
             
            Tafisa marchouse, i eso vai implicar, estase a producir xa, un beneficio medioambiental certo. Quedarán seguramente algús flecos pra mellora-lo traslado cotián dos traballadores que siguen en plantilla á nova sede, Pontecaldelas. E con Ence van ser moitos máis os beneficios o día no que se produza o seu traslado. Haberá que pensar nunha nova Ence noutro lugar pra que a ría se poida rexenerar e os cidadáns poidamos recupera-lo espacio que hoxe ocupan non menos de catro empresas coa concesión cuestionada. E vou concluir coa cita dun traballo, “Un xiro radical na política de emisiós contaminantes”, aparecido en “El Correo digital”, de Álava, que conclúe cun chamamento ó cambio de actitude medioambiental: “....se realmente tentamos mellora-lo medio físico temos que tomar conciencia de que o único camiño é a alteración do noso xeito de convivir coa natureza. Porque, como se está a ver, ésta compórtase con nós como nós con ela. Deixemos de nos escudar en probes conceptos de medio ambiente cuia discusión só obedece a rentabilísimas puxas por deixa-las cousas como están e acoller soluciós que apoien un consenso plural [obsceno] como necesario”. É bo que a verdade se abra camiño, que os políticos non vaian contra as leis. Os lanzarotes parecen simple correa doutros intereses,  aínda que falen incluso dun difuso modelo de cidade. Pero todo se sabe. 


No hay comentarios: