martes, 16 de abril de 2013

A TRANSPARENCIA AUSENTE [1.07.2004]

Foi paraíso, agora é inferno, fábrica de contaminación i enfermedades. Os políticos, como levamos dito neste blog, embuchan, corrómpense e corrompen a paisaxe.

Pontevedra, 16.04.2013
Entrada n. 1646 do blog

Artículo do 2004, que vai fundamentalmente sobre a falta de democracia e de trasnsparencia do goberno local e da súa oposición á participación cidadáa. Tamén falamos  da lección de Cristina Narbona, tan lonxe do actual evanxelio do ceporro de Arias Cañete

A transparencia ausente, [1.07.2004]
Por Xesús López Fernández

Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, acusou publicamente a Matas de ter ocultado informes sobre o trasvase do Ebro. Alguén intentou vende-lo plan como a gran panacea cando a realización do trasvase, según a ministra, era inviable economicamente, posto que comezaran as obras sen fixa-las tarifas da auga, os usuarios da mesma, o caudal mínimo pra mante-lo delta do Ebro e sen ter en conta se habería encoros dabondo que permitiran o aproveitamento da auga bombeada. Os informes, según Narbona, existen i están a disposición dos que queiran consultalos. E sen entrar máis nesta cuestión, diremos que a eso se lle chama transparencia, algo do que carece o citado ministerio cando se fala do problema da  ría de Pontevedra, na que algunhas cuestiós como a do caudal mínimo do Lérez aparentan non estudiadas e que é precisamente a perda dese caudal na estiaxe, ademais da contaminación, a causa principal da morte de peixes que antes da desecación das xunqueiras non se producía, porque as mesmas daban un xogo intermareal compensatorio da perda de caudal. E hai falta de transparencia no tema da  innecesariedade de Lourizán, algo sobre o que a Dirección Xeral de Costas está xa emprazada na vía contencioso administrativa. 

A transparencia é vital pra que todo funcione, como deciamos nun traballo anterior ó tempo que aplicabamos a esa cuestión a teoría dos “humores” de don Merlín, que están dispostos no corpo en capas, como a panceta, pero que cando se alteran ou mesturan “amolecen as interioridades”. E a cousa non vai, como se demostrou tamén a nivel local coa inauguración da Casa da Cultura de Monteporreiro, presentes o alcalde e algús dos seus, pero non os socios de goberno, como é sabido de tódo-los cidadáns. Tereixa Casal manifestouse ó respecto e, mais que á falta de transparencia parece que o atribueu a cuestión do “talante” dos seus socios... Que por riba desas interquinencias queiran dá-la imaxe de que as cousas marchan ben; que incluso se sumaron xentes dos dous grupos á marcha  sobre Lourizán do 27.6 é un xesto levián que os honra. Non así o feito de esquecérense do Regulamento de Participación Cidadá e de non ter contestado en prazo á asociación “Salvemos Pontevedra”, na súa pretensión de comparecer  no pleno do 18.6 prá lectura dunha ponencia cidadá, o que demostra tamén un certo déficit en  democracia, tamén de transparencia como xa apuntamos anteriormente.       

No meu anterior traballo non quixen tratar esta cuestión, o feito de que o Regulamento de Participación Cidadá pareza unha falacia, algo que non vai aínda que  poida servir ó equipo de goberno pra botar man de ideas e usalas como propias. Pero, en fin, a vida sigue, os procedementos siguen, e veremos finalmente quén é realmente transparente, prometendo de novo que hei conta-lo que aínda non contei de certa subvención non pagada e da cínica actuación  do responsable dun despacho. Pero eso xa irá saíndo contado con detalle.  De momento o que sí vai emanando do sochán pontevedrés, a pouco que chova, é un certo cheiro a xofre, a solfo, consecuencia da obra mal feita en canto á renovación da infraestructura sanitaria, outro fracaso, tamén cuestión de “capas” intermisturadas de augas da chuvia con negras. E dou fé de que o outro día, cando traía no meu coche as herbas prá auga de San Xohán, vencía o mal cheiro da cidade ó arrecendo floral, como se andiveran á competencia demos internos i externos, dos que don Merlín dí que o seu número mantense invariable.

E se hai uns días apuntabamos a idea da bola de neve co discurso frustrado de Lores encapsulado na mesma (araucaria, palmito, monumento, xentes, alcalde e neve disuasoria), o relato parece que fora premonitorio do acontecido o pasado 28.6, cando coa celebración do ascenso do Pontevedra, F.C. (unha empresa privada), compareceron ante o xentío alabarado, dende a balconada da casa consistorial, Nino Mirón e o alcalde. Cada un tería o seu discurso, pero parece que Lores non valorou o feito de que pra algús ésa era unha contramanifestación da ambientalista do día anterior e non debería ter caído na trampa. Agora xa o sabe, como que o concello non ten que someterse a certos Diktatts, claudicar ante a idea irracional de construir un novo estadio en Alba ou da conversión de Pasarón en solar, posibilidades ante as que a algús/algunhas mesmo lle crecen os ollos. Un alcalde demócrata recibiría, sí, ós xogadores pra lles transmiti-la noraboa, ou prometería mellora-lo campo de fútbol municipal. E non se oporía á lectura dunha ponencia cidadá en sesión plenaria, no que se nota tamén a falta de transparencia, de convicciós democráticas e ambientalistas do equipo de goberno, como se o Regulamento de Participación Cidadá fose un simple adorno. ¿Democracia, transparencia?. Ausentes.

No hay comentarios: