lunes, 15 de abril de 2013

1500 directos [13.11.2004]

Marismas de Lourizán, en tempos o mellor e máis grande banco de ameixa de Galicia. Este humedal está hoxe ocupado por un enclave de industrias contaminantes e de vertedeiro, asunto xa tratado neste blog por activa e pasiva. Desaparecido todo el, convertido en solar prá corrupción e futuras recalificaciós, aínda en data recente (antes dos masivos recheos do porto de Marín e, á procura dun maior calado prós portacontainers que arriban a este espacio desnaturalizado, con cargas de dinamita) eran 1500 as persoas que nel, no que vai  quedando do areal/tremedal, buscaban aí a súa mantenza, na riqueza primaria. A esos mil cincocentos, como se fosen a nómina dunha gran empresa, vai referido o artículo recuperado do ano 2004, do 13.11. Pero as cousas evolucionaron a peor por cuestión da corrupción política imperante e polo feito de non querer traballa-la Axenda21Local como documento determinante pró novo PXOM. Vai o artículo.

Pontevedra, 16.04.2013
Entrada n. 1645 do blog
Artículo do 2004

 1.500 directos, [13.11.2004]
Por Xesús López Fernández

          Falo de empregos directos, mil cincocentos mariscadores na ría de Pontevedra que se atopan nunha fase de posible perda de traballo a consecuencia da torpe xestión do litoral e de que a Axenda 21 Local non funciona como método de xestión, lonxe a asunción da mesma máis alá da adhesión nalgús casos anunciada, que pode ser tamén un simple farol. O informe de DEYNA [Fundación Desarrollo y Naturaleza] aparecido en Ibérica2000.org parece dabondo aclaratorio sobre o que está a pasar a nivel global e das dificultades que conleva xeneraliza-la súa imprantación, carísima. Total, que cando xa debería ter aplicación en 500.000 municipios resulta que só está en vigor en 7.000. E habería que saber cómo, porque según aclara a dita publicación, algunha Axenda Local non vai máis alá de simples plans de urbanismo absurdo e demoliciós controladas pra cambia-la calidade turística, que non hai razón algunha prás denominar Axenda 21, parece que pra confundir ó persoal. En relación coa Carta de Aalborg (Dinamarca), asinada o 17 de Maio do 1994 por líderes de concellos europeos convocados á Conferencia de Cidades e Pobos Sustentables, DEYNA afirma que ten propiciado o concepto europeo de Axenda 21 local das auditorías e os diagnósticos, lonxe da necesaria participación efectiva e real dos cidadáns e imposible de levar a efecto no 90% dos municipios do planeta.    

            O documento é crítico co que está a acontecer porque a Axenda 21 é algo que incumbe a todos e que terá de ser posta en marcha de forma participativa. E no capítulo 28 do Programa 21 prescríbese a participación directa, real i efectiva dos cidadáns (insiste en que as mulleres, mozos, indíxenas e ata os nenos) e o consenso das autoridades dos concellos como algo practicable e accesible en todo o mundo. I engade que “por medio da celebración de consultas e a promoción do consenso, as autoridades [.....] han recibir aportes da cidadanía”. O modelo DEYNA propón algo máis que simples consultas, sondeos ou breves foros que soen ser simples maniobras do chafaldrís político, e propón a participación real, directa e colectiva, porque se a Axenda 21 non é practicada polos cidadáns de cada concello de verdade, de nada vai servi-la prédica do desenvolvemento sostible con slogans como o de que “entre vós e nós estamos facendo......”. Nada. Porque ten que ser unha actuación específica i especial prescrita polo Programa 21 “de abaixo arriba”. E coido que estamos agora nun momento bo pra que un colectivo como o das cofradías de mariscadores, con raíces no desenvolvemento sostible que aquí representaban o mar e as mareas, a riqueza permanentemente xerada pola natureza, loiten pola defensa desa gran empresa, porque están compromentendo a súa viabilidade, arruinándolles o medio de vida coa contaminación e as obras do porto.

            Cecais fose bo que estas xentes comezasen a falar da esixencia de comprir coa Axenda 21. Eles poderían falar tamén de que son 1.500 empregados directos e 2.000 ou 5.000 inducidos (o sector conserveiro e o comercial), pero non se trata deso. O que acontece é que están matando o seu medio de vida: primeiro, coa construcción dunha pasarela descomunal e o movemento de lodos de mercurio e organoclorados, pero apareceu o “perkinsum” como presunto axente letal; agora, cos recheos do porto (reconocidos despois de telos negado), nova decantación de “finos” sobre o banco marisqueiro e o conseguinte enchafuldre dos fondos  que pode levar ó traste a unha gran empresa, repetimos, 1.500 postos de traballo que por fin parecen ter comprendido que teñen ante sí un horizonte corto que a presunta trama  denunciada polo portavoz da Plataforma dos Praceres en relación coa alegación municipal fóra de prazo (21.5.2004) contra a modificación do Plan Especial do Porto, despois de ter outorgado  licencia urbanística pra obras maiores (17.11.2003) na zona dos recheos denunciados en vía contencioso administrativa, pode encanallar aínda máis as cousas.  

            Desta volta, as cofradías parecen decididas á firme  defensa  do sector. Será bo que comprendan toda a problemática existente e que, tornando ó informe de DEYNA, “o coste da Axenda 21 local non pode ser un atranco prá súa imprantación”. É cuestión de consensuar conductas e concienciarse, “pró que só é necesaria unha simple formación e un estímulo pra comeza-lo proceso, sinxelo e breve”. “As actuaciós en materia de desenvolvemento sustentable, antre administraciós e público [....] han ser converxentes, harmónicas, fáciles e francas [...]. A partipación necesaria funciona si esta se propón en serio e non é unha burla”. Pero, en fin, coido que un movemento certo, de resistencia e recurso ante as autoridades superiores, acaba de nacer e que alguén da Administración central terá que mover ficha por un futuro de recuperación, polo ben de 1.500 traballadores. E doutras xentes. 

2 comentarios:

candela dijo...

Viendo la foto de portada comprendo tu defensa acérrima de esas bellas marismas, o eran. Pero dudo que mueva nadie ficha hasta que haya de por medio unas elecciones.

Siempre es igual..

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
En esa playa aprendí a nadar. Debuté en ella a los cinco años y puedo decirte que, simplemente con hundir una mano en la arena, la sacaba unas veces con berberechos, otras con almejas.
Pero han convertido eso en el infierno, como puedes ver en la entrada que aparece a continuación, "A transparencia ausente".
La corrupción manda, en efecto.
Un cordial saludo