jueves, 6 de septiembre de 2007

A PRESENCIA GLOBAL DO MERCURIO [12.06.06]

O mercurio tamén é causa do cambio climático e da perda de biodiversidade. Fotografía do Cumio celebrado en Bali.


Pontevedra, 7.9.07

Artículo do pasado ano publicado en diversos medios. Como fonte de información pró mesmo téñome valido do Estudio anual do Worldwatch Institute. A presencia global do mercurio é algo hai tempo demostrado. No traballo fálase do peligro que viven os inuit, ós que, curiosmente, téñome referido nun traballo recén, pero por distintas razós, pola do cambio climático, sobre o que existen uns claros esforzos de ningunealo, de tirarlle importancia, de que non vai pasar nada. A mesma insolvencia que se dá no caso da ría de Pontevedra, envenenada polo mercurio vertido por Elnosa, que pode ter niveles próximos ós da bahía de Minamatta, no Xapón. Avisos de malformaciós existen, por suposto. Sigue o traballo:

A presencia global do mercurio [12.06.06],
por Xesús López Fernández

No estudio da situación do mundo 2006 do Worldwatch Institute, ó que xa me teño referido, analízase nun dos seus capítulos, o sexto, a presencia global do mercurio, do que podemos atopar máis datos ó longo da obra. O tema ven ó fío do meu traballo anterior, que concluía coa referencia a Qaanaaq, en Groenlandia, onde os seus habitantes son víctimas da acumulación do metal tóxico pola vía trófica. Pero, ¿cómo acontece, cómo entra o mercurio no suministro mundial de alimentos? Pois, con independencia do proceso industrial que motiva a súa presencia, circula pola atmósfera ou deposítase nos oceanos, ríos e lagos. E o seu composto orgánico, o metilmercurio, viaxa pola cadea alimentaria, pasando dos peixes pequenos e outros organismos ós peixes grandes, a predadores como o atún, o peixe espada, o tabeirón, a xarda, perca, barracuda......., que con frecuencia aparecen nos listados dos gobernos que avisan así e dan pautas sobre o seu consumo.

En Qaanaaq, situado moi ó Norte do Círculo Polar Ártico, apenas hai presencia industrial á que lle bota-la culpa do envenenamento dos seus habitantes, 650. O lugar é accesible únicamente por medio de helicóptero, tras 45 minutos de viaxe dende a base aérea de Thule. Ó longo de catro meses do ano non ven o sol e do Outono ata mediados de Xullo, a mar permanece coberta de xeo. O mercurio é un “agasallo” que reciben do mundo industrializado e a súa exposición ó mesmo procede das baleas, focas e mai-lo peixe do que se manteñen. A súa forma de vida –economía de subsistencia-- é a mesma que practicaron os seus ancestros dende tempo inmemorial. I existe cada vez unha maior conciencia antre os inuits que viven en Groenlandia, Canadá, Alaska e na zona Chukotka, de Rusia. Poden ser uns 155.000 en todo o mundo, pero o Ártico é un termómetro da saúde do planeta e “si o Ártico se envenena, envenenámonos todos”, afirma con razón Sheila Watt-Cloutier, presidenta da Conferencia Circumpular Inuit. Evidentemente, Qaanaaq é revelador de que a contaminación do mercurio é un problema de ámbito global, de todos.

Conforme se fan estudios, a comunidade científica vai adquirindo conciencia da necesidade de abandona-lo uso do metal. E así, si en Francia estiman que son a mitade dos nenos pequenos e nos Estados Unidos os 630000 bebés que poidan nacer cada ano, esas criaturas pasan dos valores máximos de Hg considerados seguros polas normas sanitarias e sofren, polo tanto, o risco dun envenenamento certo. O Worldwatch Institute e no traballo do que vai tirada esta información avisa doutras vías de penetración do metal que as alimentarias, como por exemplo: amalgama dental, cosméticos e os conservantes dalgunhas vacunas e outros medicamentos. E son millós de persoas no planeta as expostas e ás que o mercurio pode provocarlles graves enfermedades, incluso a morte. E ten habido, ó longo do último medio século, envenenamentos masivos: en Minamata e no Irak, como é sabido.

A contaminación por mercurio é tamén problema prá economía dependente da pesca ou do marisqueo. Pero hai que te-lo valor de analizar e a honradez de avisar, que non sempre se dan ainda que este contaminante supoña unha ameaza letal. E citemos unha nova referencia: que o 93% das mulleres do Este de Groenlandia e un 68% das da rexión de Baffin en Nunavut (Canada) teñen un nivel de mercurio en sangue que vai máis alá do recomendado polos gobernos pra protexe-lo feto de danos neurolóxicos. O estudio tamén fai referencia á contaminación por mercurio nunha pranta cloro-álcali checa, Spolana Neratovice, que ten prevista a súa reconversión ó método de membrana pró 2015. Mais de momento téñense determinado, en peixes do río contaminado pola fábrica, 12,3 miligramos por kilo. É decir, 120 veces o límite de 0,1 miligramos admitido. Coido que nós debemos demandar tamén estudios serios e, sobre todo, unha posición cabal das Administraciós que, cando certas empresas carecen de concesión ou de licencia, se non actúan poden estar a cometeren prevaricación. Si existe compromiso medioambiental, que o demostren. Porque non parecen estar polo labor.

No hay comentarios: