domingo, 1 de junio de 2008

A RECUPERACIÓN DA RÍA DE PONTEVEDRA [2.06.2008]

Fotografía histórica dos últimos 1950. Lourizán, xa cercado polo trazado da autovía. Antigua praia de Pontevedra, aí aprendín a nadar e reparei, aínda neno, na extraordinaria riqueza en ameixas e croques, da que ben podía vivi-la parroquia. Curiosamente, antes de procederen ós recheos, no espacio conformouse un gran viveiro de biodiversidade: cariocas, lenguados, ostras, anguilas, vieiras, camarós, ademáis da que fora a súa vida de sempre.
Os Praceres, vista dende Estribela, case todo o espacio víctima dos recheos amparados por Tomás Iribarren, a Ramallo e o actual presidente da Autoridade Portuaria, Surís, éste do PSOE. Pero as cousas non cambiaron. ¿Quén manda? Evidentemente, os clústers antes que os políticos que esqueceron as condiciós que definen un dominio público marítimo terrestre como inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, algo defendido por Salvemos Pontevedra e ratificado por Cristina Narbona, agora de baixa no organigrama do PSOE. Peligro, peligro....

Pontevedra, 2.06.2008.

Entrada n. 499 do blog.

Traballo semanal, unha especie de recordatorio á clase política que non está a cumprire cos seus deberes. Parece que agora andan quentes, cada grupo co seu discurso particular porque, presuntamente, van convocar elecciós autonómicas. A súa bandeira do "¡Ence, fóra da ría!" non é nada máis que unha carallada, porque pra recupera-la ría, pra nos devolve-lo capital social arrasado pola súa culpa, terían que demostraren unha vontade férrea e tomarlle o pulso á natureza. Ence-Elnosa son culpables en gran parte do deterioro ambiental producido; pero de moitas das agresiós contabilizadas son os propios políticos os culpables. O artículo, dentro da súa limitación, tenta mostrar algunhas das culpas da caste política á par que a súa impotencia pra liquida-lo problema do enclave colonialista clorocelulósicos e recupera-la vella ribeira.

A recuperación da ría de Pontevedra [2.06.2008],

por Xesús López Fernández

Volve Touriño prometernos que sí existe un compromiso da Xunta prá recuperación da ría de Pontevedra. No seu discurso, feito na nosa capital o pasado 31.5, no acto da entrega de premios ós pontevedreses do 2007, o home reafirmouse na permanente disposición do Executivo que preside pra traballare en conxunto coa nosa vila nos moitos i esperanzadores proiectos de futuro que a cidade ten por dediante. [¿…..?] Parece que un desos proiectos encara a recuperación ambiental da “fermosa ría de Pontevedra”, cada día menos ría según nos consta por procedementos incoados ante a Xusticia precisamente porque as instancias políticas non están polo labor que dí o noso presidente. Está sí nos discursos. No de Touriño, no de Quintana, no de Alberto Núñez Feijóo. Nos discursos. Por eso debemos lembra-lo dito polo presidente na campaña electoral das anteriores autonómicas, a súa reiterada frase de “¡Ence sí, pero non aí!”, e outras sobre a recuperación do gran capital social da ría.

Como vai haber novas elecciós en breve, comezaron os tres partidos con presencia parlamentaria coa súa promesa de sacar Ence i Elnosa da ría, bandeira electoral. Discurso corto, que a rexeneración debe abranguer outras actuaciós. Porque un simple inventario dos disparates aquí cometidos levaríanos a enumerar cuestiós como: a desecación das xunqueiras do fondo da ría, a conversión en chousas das zonas de Mollabao e Lourizán, os recheos de Estribela, “crimes de lesa natureza”, ó servicio de empresas que poderían asentarse lonxe da costa.. A construcción da autovía e a do enclave clorocelulósico en Lourizán foron un claro disparate. E o réxime franquista, ano 1973, non deixou de sinalar ó complexo industrial como causante de problemas de saúde e convivencia humáas, e pensaba, xa daquela, no seu posible traslado. Un novo asentamento no que non se dea a “nulidade radical” actualmente existente [Raminp, Lei de Costas, Constitución], deberá ser responsabilidade das propias empresas, presuntamente sen concesión dende a súa privatización.

Dúas sentencias firmes poderían xa ser aproveitadas pola Xunta no camiño desa anunciada “restauración”: a do ferrocarril pol-Os Praceres, ilegal, e a de Tradepana, ambas consecuencia dos xuicios promovidos polos veciños daquel lugar. A depuradora que tamén lle tocou á parroquia mártir é outra clara ilegalidade. A denuncia está xa ante o TSXG, a tenor das leis e xurisprudencia existentes, de sentencias dictadas polo Tribunal Supremo ou ben polo TSXG [Aranda de Duero, Suances/Cortiguera, en Santander, e Reza, en Ourense]. No caso d´Os Praceres non cabe a “autorización ambiental integrada” da que precisan esas instalaciós. Na d´Os Praceres dáse a citada “nulidade radical”. E, asentada en terreo concesional de Ence non segregado, carecen de concesión edar i emisario. A Xunta precisa dunha maior coherencia e resolución. Se o seu discurso de “rexeneración” vai en serio deberá abandona-lo proiecto da construcción do nudo de Mollabao, con 200mt. de diámetro, outra agresión ó dominio público marítimo terrestre. A chousa de Lourizán, ¿un solar?

Eu penso que a restauración sí é posible, pero que non se vai resolver nada en base a actuaciós mal definidas: máis calado en Estribela con cargas de dinamita; un maior saneamento en base a máis e máis tuberías pra, por medio do emisario, contaminar máis e máis a ría, medio sensible, a cuia morte está contribuíndo, tamén, o urbanismo irracional que decote vai estragando o capital natural das ribeiras. Por certo: aquí non se está a promove-lo conocemento cidadán da Axenda21Local, instrumento democrático que predica, antre outras cousas e como temos dito máis dunha vez, a recuperación do capital natural. Pero o Concello de Pontevedra, co seu PXOM, non parece estar polo labor. Nada resolven as “festas da auga”, un ben común aquí privatizado en gran parte prá súa conversión en vector de morte. ¿Recuperarémo-lo areal de Lourizán? Con máis vontade que discursos, sí.

No hay comentarios: