Pontevedra, 22.8.07
O tema de Elnosa pode estar na recta final, se a Xusticia funciona. No traballo que hoxe inserimos, do 15.07.98, introdúcense unha serie de comentarios porque xa daquela víaselle o rabo a certos persoaxes que tentaban facérmonos creer que eran sinceros ecoloxistas. A día d´hoxe, cando noutras partes da nosa terra están a libraren batallas pola defensa da dignidade, do entorno natural, pola aplicación da Lei, como é o caso da pranta de Reganosa, en Mugardos, ou como fixeron os veciños de Reza, en Ourense, en relación coa depuradora que alí lles montaron e que sería declarada ilegal; como está a facer Salvemos Pontevedra en diversas frentes, vólvese falar do RAMINP que algús creían abolido. Da lección da Plataforma Defensora da Praza d´Os Praceres tamén sabemos, das cargas das forzas armadas pola súa loita contra algo que sería declarado ilegal por sentencia do Tribunal Superior de Madrid, ratificada por outra do Tribunal Supremo. As xentes d´Os Praceres supoñen que lles están a tomaren o pelo, porque a sentencia, que tería de ser executada antes do 3.7.2007, está aínda pendente de sortir efecto. Comezan a se poñeren nerviosos, coa agravante do estrés vivivo polo pestazo da Depuradora ilegal [art.44.6 da Lei de Costas]. Non hai forma, din eles, de neutraliza-lo alcatreo. É de agardar que en breve han iniciar acciós contra as Administraciós delincuentes, culpables de reconduci-las augas sucias ata a depuradora pra despois envialas ó fondo da ría, gran sentina. ¡E Lores a decir que xa pasou o tempo de tapa-las miserias, cando el está a facer máis do mesmo!. Pero a merda, a condenada merda, aboia e aparece agora decantada na praia da illa de Tambo. Nada, que ó Lores revéntanlle as trolas.
Desgraciadamente, dende os lobbies ou dende os partidos, siguen no seu día a día deseñando unha especie de apocalipsis, que no caso de Mugardos podería ter máis dimensión que un furacán de forza 5, se acontece o non desexado. Aínda así, hai xentes que queren viviren unha especie de actitude suicida. Alá eles, pero en relación cos que se opoñen á instalación da regasificadora ou dos que non teñan un conocemento cabal do que pode sucedere, estariamos a falar de presunto asesinato, polo menos en grado de tentativa, si así se pode decir. Sigue o traballo do 1998, que aínda hoxe ten lectura válida.
O TEMA DE ELNOSA (15.07.98),
por Xesús López Fernández
Na prensa do 15.07.98 publicouse a nova de que o goberno central non vai facer inversiós en Elnosa cara ó cambio de tecnoloxía e que está a presionar á Xunta (según o BNG, que tampouco se sabe ben de qué vai) pra que non prospere a chamada “lei da ría”, que implicaría a fín da dita industria. É decir, mantense o proceso político de clara involución na defensa do dereito dos cidadáns amparado no RAMINP, que prevé a ausencia de certas industrias (como as que aquí, en Pontevedra, nos toca sofrir) nunha distancia mínima de dous kilómetros de núcleos de poboación.
O BNG perguntou pola posible permanencia da fábrica de cloro en base a un cambio de tecnoloxía. O que o Bloque esquece, se non me equivoco, é que a ameaza do cloro permanecería. ¿Por qué o Bloque non pergunta quén vai limpa-la ría do mercurio acumulado?.
Todo semella que aquí houbo unha confesión honesta no franquismo, ano 1973, cando se negou a posibilidade contemplada no P.X.O.U. de Pontevedra, ano 1970, de calificar como industrial o chan de Lourizán-Placeres, que tería de seguir sendo “chan urbán de baixa densidade de poboación”, porque a ubicación aí das industrias que padecemos fora un claro erro do que só problemas prá saúde e convivencia humás se podían derivar. Como así foi. Decía o Ministerio da Vivenda franquista que habería que traslada-las ditas industrias a outro lugar.
Tristemente, en ecoloxía parece que estamos nunha situación de clara predemocracia. E non está de máis traer aquí outra noticia, do 14.07.98, na que se alerta sobre a posible contaminación irreversible do Artico e Siberia occidental polo depósito de cinco millós de metros cúbicos de residuos radiactivos líquidos vertidos ó longo de anos, polos rusos, no lago Karatchai (Urales), e que se desprazan cara o río Irtich. Pero a noticia vai máis alá e refírese, igualmente, ó problema do lago Baikal (24.000 kilómetros cadrados de superficie), a maior reserva do mundo de auga doce, un vinte por cen, comprometido por unha fábrica de papel e celulosa. O lago está contaminado con dioxinas, sulfuro, fenol e outras sustancias nocivas pró medio ambiente en xeral, e pró ser humán en particular.
En fín, algo que en Pontevedra tamén conocemos. Gorbachov prometera o cerre da factoría en cuestión pró ano 1993. O home non puido facer boas as súas promesas. A democracia segue alá, como acá, con problemas de crecemento. A opción pola involución, da man dos novos políticos e caciques, parece evidente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario