lunes, 5 de noviembre de 2007

RETRINCOS POLÍTICOS [5.11.2007]

O meu icono sobre o idioma galego agredido polas normas do Diktatt. Fantasía informática xa reiterada no blog. Da serie "banco de peixes". O fondo areoso e outros fondos. Fantasía de Xesús López.
Reitero a interpretación informática das nove ondas da Lanzada, un dos nomes de lugar que Colón levou a América [Punta Lanzada]. Xesús López. Acantilado, un tanto naïff. Fantasía informática de Xesús López.
1.- Do idioma galego

Andan a voltas coa desfeita da nosa lingua dende púlpitos políticos, tentando impoñe-las normas do Diktatt, da tribu estalinista. Hoxe leo en La Voz de Galicia que existen nada menos que 1900
equipos de normalización lingüística, pero a cousa parece que non vai e que se atopan con non poucas resistencias.

A desgracia é que non se está a practicare unha auténtica pedagoxía do idioma galego, que como moitos outros, como temos dito non poucas veces, corresponde a unha creación social, popular, e que a Real Academia Galega, con algo máis de cen anos, non xogou nengún papel na súa formación; pero si o está a xogare desta volta na súa desfeita, na imprantación da especie de trampitán ou galegués creado nos laboratorios do Bloque.

Se os ingleses non teñen unha Real Academia pero crearon, en troques, o idioma máis conocido no mundo, qué coño de necesidade de Academia temos nós, sobre todo os que vimos escribindo na nosa fala dende hai uns cincoenta anos e que vivímo-lo proceso de acoso e derribo á nosa lingua.

Queren agora estos comisarios políticos da lingua cambiarlle o nome a Galicia i, antre outras cousas, están a dictar "servizo, xuizo, xustiza, grazas", é decir: galegués puro, pra que a xente vaia asumindo o nome de Galiza que din os portugueses pero non, ¡nunca!, os brasileiros, que usan o de Galicia, como debe ser.

E andan tamén a xogaren coas enquisas pra se xustificaren e poder afirmar que o galego está recuperando terreo. Pra chegar a esa afirmacion exclúen do cómputo ás xentes de máis edade, que son as que aquí mantiveron o relevo xeneracional e que, co invento do galegués estalinista, afondaron aínda máis no autoodio. E reducen, se por aí lles dá, o seu cómputo ó galego urbán de opereta que, dende os seus seminarios, están a dictarlle ós nenos: o galego do Diktatt, ou galegués tamén chamado.

2.-A viaxe de Sarkozy ó Chad.

Gracias ó presidente francés, que se está a mostrare como un verdadeiro líder de Europa, están en libertade as catro azafatas españolas que seguían retidas no país africán. A diplomacia española parece aínda verde e así as fotografías da chegada a España de Sarko coas sobrecargos parecen distintas según os diversos medios. Nalgún deles non aparece Zapatero na recepción; noutras, sí, fanno partícipe do éxito da diplomacia francesa, que parece lle botou unha man a ZP. ABC acúsao de non ter feito nengunha xestión persoal, de ter enviado soamente á embaixadora de España no Camerún. Explícase que, cando ó baixare do avión Sarkozy brindándolle a man a ZP, éste correspondera cun abrazo, agradecido.

Os propios franceses están sorprendidos do éxito fulgurante da diplomacia de Sarkozy. E non parece de recibo, en relación co pretendido traslado de máis de cen nenos do Chad a frase de que "en África, todo se compra".
¡Toma! E aquí tamén, pero moitas veces non se sabe. Ou sí se sabe, pero non se comenta.

3.- Manifestación ecoloxista en Corrubedo.

2500 ecoloxistas acodiron alí en manifestación, en protesta por que, coas macrogranxas de rodaballos e outras especies que a Xunta quer propiciar, van liquida-lo litoral galego aínda que teñan algús espacios calificación de Rede Natura. Lembremos que o Plan Sectorial da Xunta é o do goberno Fraga reformado. É decir, as cousas non cambiaron. E as palabras da conselleira de Pesca carecen de valor porque non se está a comprire coa lexislación ambiental.


Ben están as manifestaciós, pero a proba do algodón téna a Xusticia. E pola vía xudicial, en contra de moitos dos disparetes potenciados polos políticos, está a actuar SALVEMOS PONTEVEDRA, a asociación que preside Francisco Díaz Sánchez, que foi a primeira en alertar á sociedade galega sobre o que se quería facer cun plan deseñado ó dictado de certos grupos de presión empresarial a Enrique C. López Veiga e que foi asumido polo patrón Fraga. Todo retomado pola actual Xunta e pola súa conselleira de Pesca, que vive en Vilaboa, nunha casa con sentencia de derribo. ¡E inda por riba anda o Ministerio de Medio Ambiente a presumir de derribos na costa galega, a falare de construcciós de carácter ilegal na franxa dos 100 mt., como é o caso da conselleira, presunta delincuente que tería de ter dimitido hai tempo!

4.- REGANOSA.

Asunto que sigue quente. Hoxe falaron pola SER, no programa La Ventana, Herrero de Miñón e Carrillo, claramente definidos en relación coa ilegalidade da pranta regasificadora, extrañados ademáis de que un goberno que se dí de esquerdas, non se teña pronunciado con claridade.
Mal o desmarque de Méndez Romeu. De pena. A nulidade radical pende neste asunto como noutros: depósitos do Ferrazo, Ence, Elnosa, e tantas outras ilegalidades, como o tema das depuradoras de residuales instaladas en zonas húmedas ou en dominio público marítimo terrestre. Están acabando con Galicia, co seu patrimonio natural e artístico, coa posibilidade de fixa-las pautas dun desenvolvemento sostible. Etc. Se José Luís Mández Romeu afirmou que "el proyecto es como si fuera nuestro", Herrero de Miñón soupo replicar no sentido de que a Xunta era refén do diñeiro alí invertido e dos avales prestados. Continuará...

No hay comentarios: