sábado, 10 de mayo de 2008

ESPAÑA, LIDER EN ABORTOS E DIVORCIOS [10.05.2008]

ESPAÑA, LIDER EN ABORTOS E DIVORCIOS [10.05.2008],
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 10.05.2008

Entrada n. 483

España, líder en abortos e divorcios. Ese é o titular de La Razón que se mostra, do pasado 8 do mes en curso. Os manifestantes son criaturas nonnatas que reclaman o seu dereito á vida.

Cando parece que os políticos do país permanecen ausentes, a oposión inane, o goberno impotente pra recupera-lo pulso económico, comezan, sen embargo, a dar certos pasos. E así van aumenta-la presión contra a Igrexa católica, ou eso debemos entender a partir das declaraciós dalgún voceiro socialista en contra do previsto na Constitución; como tamén queren amplia-los prazos do aborto; facer, din algús, unha lei de aborto libre. Ou botarlle a culpa do caos xudicial ó franquismo, como acaba de decir Martínez Bermejo, o home que ten un ADN claramente nacionalsocialista, fillo dun camisa vella de esquerdas de toda a vida, algo por el calado cando en campaña electoral falou da España negra do franquismo. Eles están a faceren unha España aínda máis negra. E non parece casualidade o sentinazo, o reventón da mafia en Coslada, concello gobernado polos socialistas, que estamos seguros non ha ser único no país. Seguro. Farsantes.

Mentres tanto, os xinecólogos critican a liberalización dos abortos, a planificación do asesinato masivo de inocentes, porque, din, dende as vintedúas semáas de xestación, os fetos son algo máis que un simple proiecto de vida. Bueno, vida sóno dende o primeiro momento da fecundación do óvulo polo espermatozoide. Pero os xinecólogos precisan que un feto de medio kilo é viable en moitos casos e que, cando acadan o kilo de peso, a esperanza de vida chega a un 80%.

En definitiva, os ataques á Igrexa, que xa están aí; a planificación do asesinato de inocentes; a dependencia que a Xusticia ten do Goberno, ou a posta en marcha do ministerio da Igualdade, xa prevista na Constitución, son botes de fume do goberno de Zapatero, que ten xa nas súas mans un paquete de máis de 700000 parados na construcción, de xente que non se vai poder reconvertir a outra actividade, víctimas da caída do ladrillo, da polìtica errada dun goberno que fixo os deberes prós especuladores, que fixo a política que din faría a dereita. Os protexidos do goberno son cada volta máis ricos porque non se fixo política social, a que eles pregoan.

E, cunha ideoloxía desprovista de moral, queren levar adiante a súa famosa EpC, Educación para la Ciudadanía, outra traba prás libertades, a negación do dereito dos pais pra escolleren e marca-la educación dos fillos. O Tribunal Superior de Justicia de Andalucía xa sentenciou a favor dos ouxetores (así se dí no galego da oralidade), e o número de alegaciós vai a máis. Pero o goberno de Chaves, que acepta a sentencia, non a vai acatar e sigue mantendo a obrigación da asignatura, parece que vital prá formación ideolóxica dos nenos e nenas cara un futuro sen Igrexa, sen Deus.

1 comentario:

Jorge Cubela dijo...

Ola Xesús.

Coñecín este Blog fai tempo a través de César Abal.

De seguro, gran claridade e sinceridade nos plantexamentos.

É bo que se diga con claridade o que un pensa.

Voulle poñer un enlace ao meu blog.

Un saúdo