martes, 20 de enero de 2009

AL BANO E GALICIA

Albano Carrissi é un namorado de Galicia que leva no seu repertorio a nosa "Negra Sombra", de Montes-Rosalía de Castro.
-
Pontevedra, 20.01.2009
-
Entrada 787 do blog
-
La Voz de Galicia do 19.01 publicaba unha entrevista a Al Bano, na que trascende a súa relación ou querencia por Galicia dende que en certa ocasión fondeou nas Illas Cíes.
-
A paisaxe marcouno. E d´eso vai a entrevista, como tamén de viños e música. O home quedou sorprendido de que aquí manteñámo-la identidade de Colón como nosa, que afirmemos que naceu na ribeira do noso mar Atlántico. Non-o admite. "¡Non é possíbile". Pero, ¿quén sabe?. Nalgunha outra viaxe pode, ó mellor, sumarse ós nosos argumentos e asumi-la bandeira dun Colón nacido en Poio, San Salvador, Portosanto."É vero!", dirá d´aquela.
-

No hay comentarios: