Lores, na súa entrevista en galegués a La Voz de Galicia. A alcaldía é unha boa megafonía pra incluso decir disparates e magnificar recetas cando realmente terían que pedir perdón por acabaren coa cidade, hoxe ruína total.
-
Pontevedra, 11.01.2009
-
Entrada n. 775 do blog
-
O PROBLEMA CIRCULATORIO,
por Xesús López Fernández
-
Pra mañán preparei un traballo titulado "A cidade colapsada". Poderiamos deci-la cidade traicionada, porque ésa é a constante dende que tomaron o mando os aldeáns que agora imparten lecciós "urbi et orbi" sobre "acesibilidade", a que lle negan ós residentes.
-
Convertiron a cidade no reino dos skaters e tamén, de lonxe, das bicicletas e patinetes. Pero está prohibida prós coches, porque é dos cidadáns, di o señor Lores. ¿Pero realmente sabe o que dí?. ¿É que el non usa coche ou que os cidadáns non poden ser propietarios dun vehículo que, mentres non se demostre o contrario, é o seu mellor amigo?
-
Compara, en canto a "colapso por dinamización", a Pontevedra con Vigo, porque debe ir pouco á cidade olívica que se cruza en menos tempo do que un tarde en entrare ou saire de Pontevedra. Tiven ocasión de comprobalo, nestas pasadas festas, en varias ocasiós e por distintos circuítos. Pero é que a asignatura da alcaldía quédalle grande. Suspendeu nas pasadas elecciós e inda que critique a oposición do PP por mala, o BNG é a verdadeira oposición, castigado nas últimas municipales. Curiosamente, gracias ó concellal que gañou o PSOE polo labor de Celia Alonso, e sen a patente de corso que lle outorga Teresa Casal, Lores estaría xa case fóra da política, da que, por certo, moi ben se debe vivir.
--
Sigue unha entrevista en galegués de La Voz de Galicia ó señor Fdez. Lores, d´hoxe. Estos galizos...!:
-
-
Suponse que si aumenta o párking é pola xente que xa non reside na zona vella, case deserta residencialmente. Nada, que o alcalde suspende.
No hay comentarios:
Publicar un comentario