Montoro, en La Razón, apunta a comenente recuperación do primo de Rajoy pró discurso do cambio climático, que non se entende co frío que fai.
Que Revilla propoña a pita do monte contra a crisis é algo que non entendo. Un chiste que agradece o coello que recomendaba ZP. Teñamos presente que un xuez suspendeu a construcción dun parque eólico por sere o lugar unha reserva desa ave. Os muíños de vento causan unha gran mortandade en especies diversas: cigoñas negras, avutres, etc. (documentarse en iberica2000.org)
Que Revilla propoña a pita do monte contra a crisis é algo que non entendo. Un chiste que agradece o coello que recomendaba ZP. Teñamos presente que un xuez suspendeu a construcción dun parque eólico por sere o lugar unha reserva desa ave. Os muíños de vento causan unha gran mortandade en especies diversas: cigoñas negras, avutres, etc. (documentarse en iberica2000.org)
martínmorales, no ABC. Os viandantes lembran aqueles invernos, antes da descoberta do cambio climático, case tan fríos como este d´agora.
-
Pontevedra, 14.01.2009
-
Entrada n. 781 do blog
-
CAMBIO CLIMÁTICO,
por Xesús López Fernández
-
Este ano vaise actualizar de novo o Protocolo de Kyoto, que a min me pareceu no seu día unha especie de coartada. A contaminación promove o quecemento global ou perdas na capa de ozono. Pero as pautas establecidas, o calendario acordado tivo de sempre un aquel de falta de poder de convicción, de deixadeza, de desleixamento das soluciós necesarias.
-
Certo que a contaminación pode traer un maior quecemento global, no que incide tamén a perda de boscos primarios. E non se aprecian políticas globales pra lle poñer cancelas a tanto disparate como decote se ven producindo.
-
¿E non afectará ó cambio climático a agresión litoral, o quebranto da harmonía natural existente no encontro antre os mares e a terra, a desnaturalización dos ríos?. Nun artículo recén aínda comentaba algo ó respecto, así como a necesaria reconversión ecolóxica da sociedade; a necesidade de forza-lo comprimento polo Poder das leis existentes, de fixarmos as pautas, as claves necesarias pra unha gobernanza que estaría marcada polos cidadáns. Os políticos que non cumpran, fóra.
-
Despois deste introito quero comentar que non hai moito, no pasado mes de setembro, tratei deste tema co director de "iberica2000.org" e que algo que el dixo, no sentido de que poderiamos estar a entrar nunha nova fase de glaciaciós, quedou como visión profética á vista do inverno que estamos a vivir.
-
Sigue o enlace dunha noticia desta data, de la Voz de Galicia:
-
BIÓLOGOS DA USC ESTUDIAN CÓMO VAI SE-LA PAISAXE GALEGA A CONSECUENCIA DOS VERÁNS CON MENOS CHUVIAS. (Eso que o pasado verán foi unha especie de inverno doce, con chuvias abondantes)
-
A natureza está como confundida, as cigoñas xa chegaron hai días ó Val de Lemos e ás Terras de Xinzo. ¿...?
No hay comentarios:
Publicar un comentario