Terreno minado. O letreiro avisaba do que se estaba a facer mal, e acabouse facendo mal: o destrozo da balaustrada e da rúa do Laranxo, máis de dezaseis meses de obra inicua, é un pouco o sinal do que se fixo e se sigue a facer na zona vella, comercialmente case morta porque precisamente a Asociación de Comercio Zona Monumental non fixo outra cousa que apoiar a Mosquera no acoso e derribo do casco histórico, cada vez con menos residentes, decote con máis tendas cerradas. A crisis, en Pontevedra, pola tolemia peatonalizadora, comezou hai xa anos. E sigue a involución marcada polo BNG e o Gran Irmán que levou o leme da Asociación de Comercio, o que no 1997 decía que non aceptaría unha peatonalización salvaxe, que acabou engulindo. (Pra ver esta foto e a seguinte en tamaño pantalla, pulsade sobre delas)
As novas economías. A desfeita da praza da Verdura perpetúase coa presencia de borralla comercial, despois de teren desfeito o espacio, no que sí houbo apoio social, traición, da Asociación de Comercio Zona Monumental, incapaz de reclamar respeto pró que sí era zona de comercio vivo, hoxe miseria total aínda que conten mentiras, como onte no Teatro Principal. Aquí, puñetas, non se soubo traballar pola dinamización do casco vello. Só prosperou a súa ruína, quebrados moitos dos comerciantes nela asentados dende facía anos.
Fotografía da entrega dos "premios Cidade de Pontevedra", do Faro de Vigo.
Fotografía da entrega dos "premios Cidade de Pontevedra", do Faro de Vigo.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 792 do blog
--
OS PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
O premio hai tempo que está devaluado. Non me refiro ó outorgado a Ricardo Tilve, home do que nada sei. Dou por bo o que dele contaron as crónicas.
-
Pero que non me veñan con que a Asociación de Comercio Zona Monumental era merecedora do premio. Non. Esto foi un escorregazo dos Amigos do Camiño Portugués, a súa proposta.
-
Vivo na zona vella. Son testigo da súa involución, do incremento de miseria na mesma, de cómo aquí non se soubo acometer un plan de verdadeira restauración máis alá da farsa do plan Urban, que deixou pendente de pagar subvenviós pra aplicalas presuntamente a quen lles interesou apadriñar.
-
Podería contar moitas cousas sobre encontros, reuniós e traiciós á zona polos subvencionados que calquer día, se algo non-o remedia, acabarán cerrando o seu propio negocio.
-
A peatonalización trouxo como consecuencia unha certa guetificación de espacios. E como apuntou algunha vez Álvaro Siza en relación con Amsterdam, aquí podedes entrar mesmo con medo a partir das 10 da noite. E cada vez traballan máis ó seu aire os grafitteiros. Mirade, senón, como están pintádo-los cerres da praza de Abastos, que non fixo de lanzadeira da economía da zona e, pouco a pouco, tamén se vai apagando.
-
Sigue un enlace, a crónica dunha mentira no tocante á actuación da ACZM.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario