viernes, 9 de enero de 2009

PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA

Miguel Lago, presidente actual da ACZM, i Ernesto Filgueira, presidente anterior da dita asociación. A actuación da dita asociación ó longo destos últimos anos foi simplemente vergonzosa. Se Miguel actuou normalmente como un "tapado", Ernesto foi o Gran Irmán da reforma promovida por Mosquera que decantou na morte actual da cidade. Afortunadamente, comezan a sona-los cláxons da protesta. Sigue comentario.
-
Pontevedra, 9.01.2009
-
Entrada n. 770 do blog
-
PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Poderiamos falare da cidade colaposada pola política urbanística promovida polo equipo do BNG, co contubernio do PSOE, co contubernio tamén da Asociación de Comercio Zona Monumental, que se antes dirixeu Ernesto Filgueira agora preside Miguel Lago.
-
Lembremos que no 1997, no Diario de Pontevedra, publicaban unhas declaraciós de Filgueira nas que se pronunciaba en contra dunha posible peatonalización salvaxe da zona vella. Hoxe, esa peatonalización é unha realidade en parte por culpa da súa asociación e a d´outros colectivos creados pra apantalla-la verdadeira intención do BNG, de nos conducir a unha situación de aldeanismo de santa compaña, cada vez con menos residentes, cada vez con menos comercios vivos, pero sí centro de trapicheo nalgún dos lugares desnaturalizados polo urbanismo deshumanizador de Mosquera-Fole. E a eso non se lle pode chamar lugar de ocio, aínda que sí de negocio dalgún golfo.
-
O Concello leva recibido unha serie de premios, en parte outorgados a sí mesmos:
-
O da Once, da accesibilidade, presuntamente con algunha operación recalificadora do chan de por medio. Seguro. Os máis perxudicados, curiosamente, os cegos.
-
O premio pola reforma urbáa, un premio "nazional" outorgado por unha consellería do Bloque, a de Cultura.
-
Fracasou o que quixeron outorgarlle a Fole, porque daquela se cruzou, no camiño, o tandem Julio Lois Fernández - Fernando Gómez.
-
O premio deste ano á ACZM, é igualmente pró propio Concello, cando o equipo do BNG sabe que cada vez hai menos xente na zona vella que os vote. E máis que quere botalos por teren convertido o recinto histórico nun Gulag.
-
Xa haberá ocasión de inserir outros comentarios. Introduzamos, desta volta, os enlaces de dúas noticias da La Voz de Galicia, nas que se comenta igualmente o premio dado a Ricardo Tilve, proposto por diversos colectivos, do que non teño nada que decir nen dubidar.
-
-

No hay comentarios: