domingo, 18 de enero de 2009

AS ELECCIÓS DE MARZO

Desconozo o protagonismo que poida ter Rosa Díez nas próximas elecciós, mais son bastantes cidadáns os que agardan dela unha posible renovación e rexeneración da política española. A ver se tamén da galega, aínda que pareza ter poucas posibilidades. Enlace de El Semanal Digital, de: "Rosa Díez, sin ser parte del problema, no es la solución".
.
Pontevedra, 19.01.2009
-
Entrada n. 786 do blog
-
Artículo semanal.
-
As elecciós de marzo [19.01.2009],
por Xesús López Fernández.
-
O partido de Rosa Díez, UPyD, perséntase por primeira vez ás elecciós vascas e galegas. Non están claras as súas posibilidades, pero sí se sabe que nos sondeos se lle reconocen, decote, máis posibilidades, un 3,1% da intención de voto, según uns; según La Vanguardia, un 5,8%. Algús definen a súa opción como a dos que están fartos de votaren por un bipartidismo obrigatorio. E nese sentido, tendo en conta a posible evolución do pensamento da política vasca, insisten outros comentaristas no necesario da súa presencia pra osixena-la política española, que se esgaza con tics involucionistas e de presunta corrupción en demasía. Polo pronto, a muller, que algús definen como facha ou din que está á dereita da dereita, preocúpase pouco dos insultos e fai defensa da súa españolidade. Na súa conferencia de Pontevedra, esa afirmación foi clamorosamente aplaudida, como tamén outras en relación coas precisiós que fixo sobre a súa defensa da libertade dos pais pra escolarizaren ós seus fillos e fillas na lingua por eles escollida. O dereito é das persoas, non das linguas. E unha lingua minoritaria subsiste se sabe convivir coa lingua maioritaria do país, dixo.
-
O seu partido, que cerrou por unanimidade as listas prás elecciós vascas e galegas, fixo unhas declaraciós no sentido de que “vai a por todas”, aínda sendo conscentes de que poden obter unha representación mínima, pero sí aspiran a condicionar, coa súa presencia, as decisiós políticas. E non podemos pasar por alto a afirmación que fai sobre os candidatos, dos que dí son “xente nova que non ten pasado partidario pero sí político e coa súa vida solucionada”. O próximo día 24 van seren presentados en Santiago de Compostela, no Hotel Araguaney, os candidatos galegos. Define a UPyD como un partido revolucionario porque está cambiando célere e profundamente as cousas, e afirma que Euskadi non precisa máis nacionalismo. Coidan algús que a muller, aínda sendo de esquerdas, ten o discurso que agardan as dereitas ou persoas que non están comprometidas con nengún partido. Conocedora do proceso de inmersión lingüística seguido no País Vasco e do deterioro producido na súa Medicina ó primaren máis a lingua que o oficio, pronunciouse na súa charla de Pontevedra en contra desa política.
-
Sobre Rosa Díez existe nestos momentos unha actividade informativa desorbitada. Galaxias de blogs opinan nun ou noutro sentido. E dende o entorno mediático de Rajoy diríxen críticas aceiradas contra Díez. Aínda o 13 de Xaneiro, en declaraciós á Cope, Rajoy afirmaba: “Con Rosa Díez discrepo en la práctica totalidad de las cosas, no coincido en nada”. Moi lonxe, polo que se ve, do afirmado por Jaime Mayor Oreja, candidato do PP ás europeas, o “home tranquilo e moderado”, que se manifestou no sentido de que “no puedo ser adversario de Rosa Díez porque he defendido las mismas cosas que Rosa, y Rosa las mismas que yo”, en declaraciós a Libertad Digital Televisión. En fin, o que queira entrare na “rede”, pode atopar información dispar, grata ou non grata: Que si UPyD pode medrar a costa do PP; que se Rajoy dí que os votantes que vai gaña-lo partido de Rosa Díez van seren xentes de esquerdas, no que coincide con Aleix Vidal Quadras, que lle desexa éxito á UPyD nas europeas, porque eso vai restar votos ó PSOE. I en moitos blogs hai alusiós ó feito de que o novo partido está a enchere un óco e aumenta en apoios.
-
Habería que saber máis do discurso do novo partido en relación cos pasos a dar pra unha rexeneración das Administraciós e da Economía. Na medida na que levan no programa electoral a supresión da Lei pola Normalización Lingüística do Galego, e das normas subsidiarias, cabe perguntarse si serían capaces de prometer un expediente de regulación de emprego da clase política e a necesaria baixada de impostos. De que chegue ó gran público unha mensaxe clara, creíble e agardada, pode depende-la súa presencia nos parlamentos autonómicos, como rexeneradora.

No hay comentarios: