martes, 27 de enero de 2009

MÁIS SOBRE LOURIZÁN

Unha mariscadora retírase de faenar. ¿Do tremedal de Lourizán?. Coidado co mercurio!
-
Pontevedra, 27.01.2009
-
Entrada n. 796 do blog
-
MÁIS SOBRE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe apareceu o meu artículo semanal no Diario de Pontevedra. Curiosamente tamén fan noticia de que a recalificación a clase B de parte do banco de Lourizán permitiría faenar e comercializare en fresco. ¿Pero de qué coño estamos a falare? ¿Do éxito dunha xestión medioambiental que non existe, que nunca existeu máis alá dos traballos de Ozámiz?
-
Xa que no post anterior falamos de "Lourizán na memoria" e fixemos referencia ó estudio ESCORP, lembremos que a primeira fase do mesmo permitira descobrire que por cada tm de cloro fabricada ían parare á ría máis de 13g. de mercurio e que na segunda fase do estudio evidenciaríase que, lonxe de correxi-los vertidos, producírase un incremento e a cifra pasaba dos 17g.
-
Actualmente carecemos de datos certos, porque parece existir un pánico das Administraciós a investigare no tema. Estúpicamente pensan que coa edar coa que delinquen e co emisario totalmente ilegal, xa quedan tapáda-las súas complicidades.
-
Lembremos que hai escasos días Touriño falaba da culpa de que o areal de Lourizán estivese clasificado como C eran os vertidos de Sanxenxo e Raxó. Pero agora, ó mellor cousa de Carme Gallego nas vísperas das elecciós, como queren vender máis fume da xestión que nunca levaron a cabo, poden recalificare compulsivamente como B o que é C dende hai tempo. E a ameaza da enfermedade de Minamata sigue.
-
Que non mintan polo voto!
-
Poderiamos traer memoria aquí, tamén, do Comandante de Mariña Ozámiz, o home que impedía a venta de marisco en época de veda, que chegaría incluso a multar á súa dona, que usaba os helicópteros da Escola Naval pra bloqueare a retirada das mariscadoras e mariscadores. Cando levantaban a veda, os resultados eran espectaculares. O home, do que poderiamos contar máis dunha anécdota, sería despois destinado ó Ferrol, onde batería igualmente con problemas. Un día apareceu morto, no seu despacho, "suicidado", algo pouco creíble nunha persoa de conciencia, comprometida coa defensa da Lei.

No hay comentarios: