Tal como se dí no traballo, o mesmo poderiase ilustrar coesta foto. O tranvía entra en Michelena, un coche marcha dediante, outro está aparcado. Tal parece que actualmente estamos nun tempo anterior, de abandono do progreso, da vida.
Pontevedra, 11.01.2009-
Entrada n. 777 do blog-
Artículo semanal
Eliminaron este colapso, pero a solución adoutada foi aínda peor. A cidade renxe por máis lugares a consecuencia da impotencia gobernante.
Pontevedra, 11.01.2009-
Entrada n. 777 do blog-
Artículo semanal
A cidade colapsada [12.01.2009],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
En certo medio manteñen aberto un foro pra que os pontevedreses e os non pontevedreses opinen sobre os cambios introducidos na circulación polas rúas [aínda] abertas ó tráfego de entrada a algún parking ou simplemente tanxencial á cidade que parece prohibida a forasteiros. No dito foro aparecen opiniós cabales de xentes que se ve saben da situación creada dende que se acabou coa circulación radial e se comezou a deseñar un sistema verdadeiramente laberíntico que parece estar xa nos estertores, no colapso final. Un sistema no que semella que incluso os párkings non caben no deseño da cidade, de cada volta máis inútil o de Barcelos, convertido, en horas punta, en verdadeira trampa. ¿Por qué? Porque resulta que a esa praza pódese entrare por catro carrís [dous en Perfecto Feijóo] e saír únicamente por dous: polo bay-pass que conecta con San Antoniño, e polo Rouco. Desesperante pró que teña que desprazarse. ¿Por qué non habilitan como saída unha das rúas que dan a Benito Corbal? Como se o citado párking fose pra sóo entrar.
-
Pero estamos a falare dun problema vello que non se quixo resolver porque mais que estudios de tráfego foron conducindo o tema a base de caprichos ou eso parece, sen ter habilitado a necesaria solución urbáa dunha línea de autobuses, hoxe de difícil trazado como non se invirta o proceso involucionista, moi en contra do que aquí representaba a existencia do tranvía que comunicaba Pontevedra con Lérez e con Marín. Lembro aquela presencia dende os anos trinta, así como o cambio do transporte colectivo por trolebuses, nos anos corenta. Incluso podería ilustrar este traballo con diversas fotografías de comezos do século XX. Nunha delas apréciase un tranvía entrando na rúa Michelena, unha forma de progreso real. Pero chegado o período involucionista marcado pola deriva peatonal xa non se quixo pensar nesa clave. Xa poden algús convoca-la manifestación de protesta se non fan o trazado dun carril bus, imposible sen a reapertura dalgunhas das arterias históricas da cidade.

Porque o problema comezou coa anulación de certas arterias e de eixos de circulación viaria Norte-Sur [Cobián Roffignac, Daniel la Sota, Peregrina, Estrada de Vigo], Este-Oeste [Benito Corbal, Michelena], ou tamén a arteria Arzobispo Malvar-Riestra, ademáis das diversas variantes que unha intelixente permeabilización traía consigo. Pero, non. Esgazaron a cidade de xeito irreconciliable, eso que houbo avisos, advertencias e manifestaciós cidadáas. E so pretexto dunha accesibilidade discutible [¿prás bicis, monopatíns e patinetes que o concello de Valencia acaba de prohibir por beirarrúas i espacios reservados a peatós?. Ordenanza do 29.12.2008]. No citado foro cítase tamén a falta de transparencia que foi de sempre norma nesas actuaciós que trouxeron como consecuencia a perda de 2500 prazas de aparcamento de superficie ou unha nefasta política de carga e descarga, na que sí está presente a policía local a efectos principalmente recaudatorios.

O que agora queiran facer co tráfego non son outra cousa que sinapismos de ciscunstancias. O colapso da cidade está marcado dende hai tempo: Hoxe máis que onte, pero menos que mañán. Costaralles traballo reconocer que se equivocaron. Pero é xa moita a xente que decote vive o problema de se atopar parado nunha caraváa ou sen posibilidade de sair de Barcelos, atricado na súa necesidade de ter que acodir a algún lugar. O claxon dos vehículos sona xa con certa frecuencia cando se producen atoamentos, atascos. Pode ser unha forma práctica de protestar, de denuncia-lo que nunca se debeu ter feito. Cando se produce algunha avería e sen plan de emerxencia existente, entrar ou sair de Pontevedra pode ser cuestión de dúas horas. Ou máis. Perdido o pulo da cidade, estamos asistindo, talvez, ó deseño dun final triste. Non se acertou co urbanismo e residir en barrios privados de vida resulta unha aventura non grata. O colapso está servido, materializada a estadea nalgún espacio “musealizado”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario