Caín en La Razón. Hoxe é un día histórico. Comeza a era do antiamericanismo contra un presidente negro. (Especialmente aplicable a algús políticos españoles, se leen o discurso de Obama)
-
Pontevedra, 20.01.2009
-
Entrda n. 789 do blog
-
BARACK OBAMA, O DISCURSO,
por Xesús López Fernández
-
Ante dous millós de persoas, Barak Obama fixo hoxe o seu xuramento como presidente n. 44 dos EEUU, sobre a Biblia que no seu día servira pró xuramento do presidente Abraham Lincoln.
-
Discurso longo, en principio parece que aberto á esperanza; un discurso de chamada a todos a asumi-la súa responsabilidade, un discurso tamén con connotaciós patrióticas e cristiás. Vese que ZP non puido facer nada por censuralo nen por afastare a Biblia da liturxia do acto, no que tamén se rezou o Paternóster.
-
Haberá tempo de considerar algús aspectos sobre o dito polo novo presidente americán.
-
Desta volta inserimos un enlace co seu discurso completo, que contén outros enlaces relacionados coa asunción da presidencia USA por un afroamericán, que lanzou claros avisos ós que exercen o poder instalados na corrupción, situados fóra da Historia.
-
El Correo Gallego: O discurso de Obama e outros enlaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario