miércoles, 21 de enero de 2009

O DÍA DESPOIS

Montoro en La Razón, 21.01.2009. Na casa do probe.. ¿Qué hai pra comer?, Hoxe, barack obama. (Pero os discursos non enchen a ola)

martinmorales, ABC, 22.01.2009. A memoria de Martin Luther King axuda a Barack Obama a poñe-la man sobre a Biblia.
Esteban, en La Razón, 22.01.2009. Barack Obama, no despacho presidencial, estudia o panorama mundial dunha terra deteriorada.
Caín, en La Razón, 22.01.2009. Xa pasou o discurso.. O mellor presidente é o que sabe en qué orde debe sacrifica-las promesas.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 791 do blog.
-
O DÍA DESPOIS,
por Xesús López Fernández
-
Onte oín o discurso completo de Barack Obama. Hoxe leíno con pausa. Precisarei dunha nova lectura do que me parece un texto con frases afortunadas. Pero como é discurso longo hai que buscar nel algús silencios, máis alá do que, en principio, parecen signos de boa vontade. Que non lle falte ó novo presidente que pode comezar xa refén dos clústers, como pasa noutros países, pero maiormente nos propios USA.
-
Sirvan como sempre as viñetas inseridas nesta entrada como auténticos flashes do momento onte vivido, mesmo visión do que pode vir.
-
Hoxe a prensa ven máis gorda de noticias, polo que fun reparando en diversos traballos de opinión. E como Deus estivo presente no discurso, a Biblia, o Paternóster, e parace que nadie se sinteu ofendido e que, sobre as moitas visiós da vida que se deron cita no acto do relevo presidencial, como finalmente e por un tempo desapareceron do mapa do país demócratas e republicáns pra se sentiren todos norteamericáns, vou inclui-los enlaces de catro artículos de opinión que me parecen de gran calado. Siguen:
-
-
-
-

No hay comentarios: