Touriño prometeu o cerre/traslado de Ence. Acábanse os catro anos sen ter comprido coa promesa, sen que apareza tampouco nengún grupo coa decidida solución do problema.
-
Pontevedra, 23.01.2009
-
Entrada n. 794 do blog
-
A ENFERMEDADE DE MINAMATA/PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Antes de se evidenciar nos humáns os casos de parálisis cerebral a consecuencia do envenenamento por mercurio, apreciouse o comportamento extraño de animales que se volvían tolos: gatos, cans, aves..., os peixes sofrían mutaciós, como os nenos das xestantes contaminadas.
-
O vídeo que hoxe incluímos leva tempo neste blog, na relación de enlaces que recomendamos consultar de vez en cando. Pero estos días pasados publicouse na prensa a falaz declaración de Touriño de que si o areal de Lourizán-Os Praceres era zona C, a culpa corrrespondía ós vertidos de Raxó e Sanxenxo, cando aquí, presuntamente non cesou a escorrentía de mercurio e dioxinas, directa ou vía emisario.
-
Pero agora que estamos en campaña e que Touriño xa non pode renova-lo de ¡Ence sí, pero non aí!, quer deriva-las culpas da impotencia/incompetencia do sisTema en relación coa contaminación da ría á banda norte da mesma, esquecendo que aquí tódo-los partidos teñen pendénte-los deberes de faceren comprir coa lei. Os tres partidos, que incluso o señor Fraga prometía a solución do problema Ence-Elnosa nas elecciós autonómicas do ano 1989 por medio dunha contestación a Xesús López Fernández, de Pontevedra, a pergunta por el deixada no contestador telefónico, que polo que vexo agora non usa Alberto Núñez Feixóo, co que teño parentes comúns e ó que lle podería aclarar algunhas cousas.
-
O BNG, impotente, parece estar pensando en Lourizán como solar, como xa apuntaron cando propuxeron o traslado da pasteira a Barro-Meis: forneceríase d´auga de Pontillón do Castro, vertería, naturalmente, á ría de Pontevedra, pero con outros controles, tamén "naturalmente". Financiarían o traslado de Ence coas plusvalías que se xerasen por medio da conversión de Lourizán en solar, onde a Autoridade Portuaria construiría vivendas de carácter social. Listillos.
-
Outras das forzas que están a asesinaren a ría son os recheos do porto, horror que comezou coido que con Caballería pra seguire con Tomás Iribarren, o amigo e maleteiro de Rajoy; seguiría con María Ramallo, do PP, e desta volta é Surís, do PSOE, o que quer seguir ampliando os recheos. ¿Novos solares gratis total pra empresas que nada teñen que ver co mar? Lembremos que Gonvarri foi cerrada en Barcelona por vertidos de cinc e cadmio e que agora elabora chapa electrocincada pra Citroën. A denuncia da invasión hai tempo que foi prantexada por ICPraceres, pero a Xusticia vai lenta, ou non vai. Vergonzosamente.
-
Que o PP non faga o disparate de trasladare Ence a Marcón. Sería outra loucura.
-
Lembremos que Ence xa non ten licencia, como Elnosa, como Holcim, e que en Mollabao, a concesión a Malvar foi cancelada polo TSXG, por denuncia de Salvemos Pontevedra.
-
Lembremos tamén que se non prosperou a petición de innecesariedade de Lourizán como dominio público marítimo terrestre que fixo Ence foi tamén por denuncia administrativa de Salvemos Pontevedra, ata que Cristina Narbona asinou o correspondente decreto sobre a permanencia dos catro "in": inembargable, inalienable, imprescriptible, insusceptible de desafectación. Lembremos tamén que nese asunto non inerveu pra nada o Concello. Nen a APDR.
-
Eso deberíano ter presente os partidos todos, especialmente o PP, si se quer opoñere ó nudo de Mollabao deseñado por Mosquera prá permanencia da ocupación e cercado de Lourizán. Como tamén a ilegalidade da edar, delito das tres administraciós delincuentes.
-
Como tamén estos días foi noticia o colectivo Amencer, de Pontevedra, de paralíticos cerebrales que sí poden ter relación, seren víctimas dos vertidos de mercurio, que d´algún xeito deberían colaborar na definición dunha actuación criminal por parte das propias Administraciós. O problema destos enfermos non se resolve coa chabacanada da "accesibilidade", estimada pola Once, beneficiaria da recalificación dos seus terreos de Campolongo, que algo pode ter que ver coa mandanga.
-
En definitiva, Pontevedra, Gulag ambiental, ruína comercial, Gulag residencial, ten moitos problemas que deberían afloraren ó longo desta campaña, porque é seguro que os políticos, pra se sobire os ingresos, van busca-los nosos votos. Os votos dos probes.
-
Estudiade o vídeo que sigue. E veredes.
ENFERMEDADE DE MINAMATA/YOUTUBE
1 comentario:
Impresionante o video.BON TRABALLO
Bueno ''tocallo''unha labor estupenda.Sabes ben que pese as nosas diferencias politicas,son un democrata coma ti,e que pese a caerme politicamente a desman,respeto e comparto moito do que defendes.
E sabemos ben os dous que goberne quen goberne neste país e coa globalización...cando un bote un peido o cheiran na outra parte do mundo.
¡non temos que facerlle,unico seguir loitando democratamente por un desarrolo sostibel,e por un mundo mellor!
UN SAUDO
Publicar un comentario