domingo, 11 de enero de 2009

O MUIÑEIRO DE DUMBRÍA

Jesús Perfecto Fernández Pérez, muiñeiro en Olveira, Dumbría. Fotografía que ilustra a noticia que hoxe dá El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 11.01.2009
-
Entrada n. 776 do blog
-
O MUIÑEIRO DE DUMBRÍA,
por Xesús López Fernández
-
Bonita historia ésta que hoxe nos conta El Correo Gallego. O muiñeiro d´Olveira, Dumbría, ten oficio dende os 20 anos. E actualmente é aínda un mozo novo, con 27, que confía no soerguemento do seu oficio.
-
Boa falta fai xente como el, enraigañado na terra, xa que a saída da crisis vai ter, como protagonistas principales, ás xentes do sector primario ou ás que teñen oficio co mesmo relacionado, como é o caso de Jesús.
-
Realmente, o seu oficio venlle de lonxe, aprendido co seu bisavó, do que conta que era tamén ferrador, o que significa unha visión harmónica do que era d´aquela a economía. A razón do seu dobre oficio estaba no feito de que ós seus muíños chegaba o cereal en sacos a lombos de bestas. E o rapaz conta que, nalgún día, o bisavó, Jesús como el, chegaría ferrar ata trinta bestas.
-
Que teña sorte na súa andaina vital e profesional. Galicia precisa, realmente, de moita xente como el pra restaura-lo país, a súa economía, pra reconstruíren aldeas como unidades de producción nas que xa hai tempo fora inventado o desenvolvemento sostible e mantido vivo o noso idioma, a fala da oralidade que decía o P. Sarmiento.
-

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Ó mellor habería que levar de visita a ese muíño a Arias Cañete e a Ana Pastor, pra poñelos en contacto coa pedagoxía da sustentabilidade, lección contada por un mozo aínda novo.