lunes, 2 de marzo de 2009

E PASOU O 1M

Touriño. A hora de paga-la factura do sobregasto e do desgoberno.

Pontevedra, 2.03.2009

Entrada n. 867 do blog

E PASOU O 1M,
por Xesús López Fernández
-
Arde a rede coa cantidade de comentarios producidos ó rebufo dos resultados que algús non queren admitir, que non comprenden que todo aconteceu polo seu mal goberno. Outros grupos e non sóo o BNG souberon entrar na rede e medios emerxentes en internet foron decisivos á hora de informaren ou de creare un estado de opinión, de xeraren mesmo unha certa arelanza ou degaro de salvación.
-
Menos mal que, aínda que haxa moitos medios pagados --o propio BNG foi pródigo en dádivas según se soupo-- outros informaron de asuntos trascendentales como da famosa cacería de Garzón-Bermejo, ou da visita de Quintana ó iate de Jacinto Rey, co horizonte pretendido das eólicas.
-
Non imos facer inventario de disparates, pero sí decir que foron case catro anos de mal goberno e promesas incompridas. E pedimos pra este novo tempo un maior protagonismo da Xusticia e a súa total independencia dos outros poderes. Poden mesmo pensare os anteriores gobernantes que os galegos fomos desagradecidos, pero non é así; simplemente nos cansamos do seu xeito de gobernare, por teren pensado que Galicia, nunca Galiza, é unha finca que sóo eles poden administrare.
-
Siguen as referencias de diversos comentarios:
-

No hay comentarios: