Donna Leon, escritora estadounidense residente en Venecia. Creadora da figura do comisario Brunetti, na súa última novela enfréntao coa ecomafia, coas bandas mafiosas do ecocrime, do que se conoce apenas a punta do iceberg, según ela dí.
Piazza de San Marcos, en Venecia.Pontevedra, 26.03.2009
Entrada n. 889 do blog
VENECIA, DONNA LEON,
por Xesús López Fernández
-
Na entrada anterior deixei mención dunha viaxe-peregrinación á que me terei de referir na medida na que vaia ordeando material e ideas. Esa viaxe levounos a Roma, a San Paula Extramuros; tamén por diversos puntos da Umbria e a Toscana, por lugares franciscáns: Fonte Colombo, Greccio, Asís, onde nos sorprendería a neve que o 21.03 nos impideu sobir a outro dos lugares de Francisco de Asís: o monte Alvernia. Alí, en la Verna, especie de niño d´águia, o santo recibiría os estigmas, pero destas cousas, na medida do posible, irei tratando no blog.
-
Na ruta escollida, fé e arte irmanadas, un pouco como coroa da viaxe conocimos algo de Venecia e Milán, xa que tomámo-lo avión no aeroporto desta cidade. En Venecia precisamente ocurréuseme perguntarlle á guía por Donna Leon e os lugares que a mesma convirte en escearios do comisario Brunetti. Pois, efectivamente, a escritora norteamericáa é unha gran divulgadora dos diversos encantos, tamén miserias, da cidade dos vénetos, ata o punto de que existe un turismo, o francés, que a visita pra conocere, antre outras cousas, os itinerarios das diversas novelas de éxito desta autora.
-
Lonxe estos días da información do noso país, aterrizamos coas noticias sobre a situación límite que vive España: paro, situación da banca, un Goberno composto xa por xoguetes rotos porque non queda un sóo ministro que manteña un certo prestixio; un Goberno que se quer apuntalare con actuaciós que van na línea dunha crecente degradación e presunta corrupción: privación de libertades, promoción criminal do aborto, en certo sentido crime de Estado.
-
Curiosamente, hoxe atópome con Donna Leon como noticia. Na súa última obra e según información de Telecinco enfrenta ó seu comisario Brunetti a bandas mafiosas do ecocrime, algo que tamén aquí sería palpable. Mafia ou clústers, qué maís ten, blindados se preciso é polos pertinentes decretos de supramunicipalización, recalificación urbanística ou o que faga falta. Aquí ven a conto o dito pola novelista: Reventar un coche ou roubar un banco pode ser un delito que acaba en si mesmo, pero un crime contra a natureza vai afectar a varias xeneraciós, pode que ó longo de miles de anos.....
-
Sigue o enlace da noticia sobre Donna Leon: Brunetti defróntase coa mafia.
-
Nota. Nos meus paseos pola piazza de San Marcos, nas idas e vidas polos diversos calexós, algús como ruelas santiaguesas, coido terme cruzado coa citada autora, da que teño leído diversas obras, antre elas "Morte en la Fenice", teatro que, según a guía, está totalmente restaurado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario