domingo, 15 de marzo de 2009

QUINTANA E A EXECUTIVA DO BNG, DIMITEN

Parece que xa pasou o tempo de outorgare favores e que tampouco é hora de pedilos. O capital axiña procura de novos cociñeiros, como di Montoro no chiste de La Razón.
Quintana, dirixíndose ó Consello Nacional, todos dimitidos.

Pontevedra, 15.03.2009

Entrada n. 885 do blog.

QUINTANA E A EXECUTIVA DO BNG, DIMITEN,
por Xesús López Fernández
-
Como consecuencia da derrota sofrida nas últimas autonómicas, Quintana acaba de dimitir. Di que xa non se vai presentare máis. O Consello Nacional en pleno, tamén dimiteu.
-
Agora é o momento de reflexionar sobre os moitos erros e disparates cometidos, que a sociedade denunciaba, ora polo dogmatismo estalinista ordeado dende a UPG, ora pola absurda pretensión de se facer coa administración do idioma galego, da súa deriva cara ó portugués, porque na súa teima independentista quixeron ve-los galizos asumida a nosa terra, fundida no veciño Portugal. Disparate
-
Existiron, ademáis, outros erros: a falta de rigor democrático cando se opuxeron ó voto de censura á ministra de Fomento, o seu protagonismo na trama das eólicas, o nepotismo có que administraron a súa tenza de poder, a súa falta de color no tema da Ecoloxía, a falta de compromiso en Pontevedra, referente de ruína urbanístia a nivel galego, que lles pasou a factura, como tamén aquela serie de manifestaciós convocadas pola súa marca rexistrada "Nunca Máis"..., ata o punto de creeren chegado o momento de se presentare en sociedade co seu verdadeiro rostro: a faciana estalinista da UPG.
-
Difícil o vai te-lo Bloque se mantén certos protagonismos; difícil o vai ter se siguen a acabaren co idioma, apoiados na mediocridade de moitos dos académicos da Galega, os que embucharon as normas do Diktatt, coas que acabaron cos verdadeiros signos identitarios de Galicia, o idioma que sempre nos defineu como "nación" ou país, á marxe de cargas ideolóxicas.
-
Siguen algunhas referencias da prensa, noticias relacionadas coa caído dos nazionalistas:
-
-

No hay comentarios: