No entorno do Teatro Principal prantaron cipreses. Unha gilipollez. Xustifican a tal acción porque alí houbo un cimiterio. ¿Por qué coño non puxeron, no canto de alciprestes, lousas mortuorias?.
-
Pontevedra, 6.03.2009
-
Entrada n. 875 do blog
-
¡LORES, ESTÁS CERCADO!,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe foi o día do Nazareno, o da petición das tres gracias na capela dese nome; tamén en San Francisco. As colas, impresionantes, no caso da capela da rúa Tetuán chegaban á Michelena. Alí acodín como outros anos, pero non lembro un xentío como o deste ano, a pedire as gracias, sinal de qu´a xente acode á oración, a ver se os seus problemas entran nunha vía de posible solución. Lembremos qu´o 89,40% dos contratos da bisbarra de Pontevedra, no pasado 2008, foron temporales, ademais de precarios, d´acordo co modelo de cidade instaurado, reventada a economía local.
-
Chamaba a atención a concentración de persoas, tantas que parecía unha concentración da Plataforma das Clases Medias. Faltaba alí unha certa megafonía, como pra berrare: "¡Lores, estás cercado!", en plan Enrique de Diego. Era unha idea nada máis, pero barallouse durante o tránsito por Alhóndiga-Don Filiberto-Chariño-Tetuán.
-
A xente comentaba o panorama de ruína que vive a cidade, a crisis dentro da crisis fomentada polo equipo local de goberno que acabou coa cidade como urbe comercial. Por eso a xente volve á oración. Comentabase tamén a circunstancia de que cos datos a nivel local das últimas elecciós, o BNG non obtería máis que catro concellales. Privados de ideas os mandatarios pontevedreses, a xente comprendeu que non se lle pode volver votar e que deberían desaparecere da escea política.
-
"¡Lores, estás cercado!" É un berro que acaería nunha manifestación das clases medias, as máis castigadas económicamente polo desgoberno primeiro do BNG, despois pola coalición BNG-PSOE qu´agora ten o mandiño na "liturxia" mortuoria que ofician dend´o Concello.
-
"¡Lores, estás cercado!". ¿E non sería cousa de facer algún ensaio de marcha? O ornato funeral dos cipreses daríalle un maior impacto á posible escenificación, como se os retirasen e sustituíran por estelas mortuorias, máis d´acordo coa reconversión en cimiterio de gran parte do itinerario hoxe recorrido prá petición das tres gracias, pra moitos tamén incluída, seguramente, a de que se marchen.
-
"¡Lores, estás cercado!". Con megafonía. Pódese ensaiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario