miércoles, 4 de marzo de 2009

LEVANTA-LA ALFOMBRA

Cospedal, Núñez Feijóo, Rajoy. Foto do triunfo. A goberenar sen sectarismos.
-
Pontevedra, 4.03.2009
-
Entrada n. 870 do blog
-
LEVANTA-LA ALFOMBRA,
por Xesús López Fernández
-
Núñez Feijóo afirmou que van gobernare sen sectarismos. Os primeiros xestos de conectar coas empresas e sindicatos deberían complementarse co diálogo cos ecoloxistas, co estudio incluso de recursos e demandas nos que se aprecian claros indicios do abandono da lei, prolapsados algús asuntos pola Xusticia que en moitas veces diríase que non está, que non existe.
-
Eu sei de quén daría un extraordinario conselleiro de Medio Ambiente ou de Costas, pero algús dos anuncios feitos en relación con temas como o de retomar con Pescanova a negociación de Touriñán, "espacio sagrado", ou de que Ence non vaia desaparecer da bisbarra, poden desencadeare xa unha política de confrontación, porque se loucura é seguir liquidando espacios do litoral ou permanecere coa irracionalidade dunha fábrica como Ence, causa de enfermedades e ruína ambiental, xa amortizada e sen concesión aínda qu´os partidos non queiran marca-lo cambio a unha política de recuperación dunha ría sensible por teren a conciencia presuntamente vendida, a natureza está necesitada dun esforzo restaurador e sancionador. E de seren vixiantes na concesión de parques eólicos que algús conciben como na reforestación eucalipteira, como na era Fraga, cando se subvencionou o abandono de terras de labor pra convertilas en eucaliptales pra Ence. Hoxe procede facer, xustamente, o contrario.
-
Aí ten necesidade de dar cun home providencial e incorruptible pra actuare nos eidos indicadas, non cun chanfainas como foi o Patxi Vázquez, en boa hora fóra da gobernación. I ese home existe. Pódollo persentare. Ese home faría posible saca-la corrupción de baixo, axuso das alfombras, como se propón no titular da entrada.
- -
Sigue o enlace dunha noticia d´El Correo Gallego, que contén outras relacionadas. Algús comentarios tamén son noticia.
-
El Correo: Feijóo tiende la mano a "patronal" y sindicatos.... ¡Qué medo ós clústers!

No hay comentarios: