miércoles, 11 de marzo de 2009

SOS TOURIÑÁN

Touriñán, que algús voceiros do PP anuncian xa como solar de Pescanova. Foto de El País/Xurxo Lobato, o cabo Touriñán aparece como un altar ante a salmodia permanente do océano Atlántico, costa dos sacrificios, Costa da Morte, máis morta con granxas de rodaballos.
-
Ponteveda, 11.03.2009
-
Entrada n. 881 do blog
-
SOS TOURIÑÁN,
por Xesús López Fernández
-
Parece qu´os clústers están famentos por lle poñeren cancelas ó mar, por gañar novos solares prá acuicultura cando non debe ser así. Espacios da Rede Natura están hoxe desgarrados a consecuencia das políticas seguidas polo goberno Fraga e tamén polo bipartito, impotente pra artellar unha política medioambiental honesta.
-
Salvemos Pontevedra recurreu o plan López Veiga ante a Xusticia. Cando o TSXG tiña o asunto visto pra sentencia, o goberno de Touriño retirou aquel plan. E o TSXG desestimou a denuncia, porque xa non había obxeto. Pero acto seguido, os da casta parasitaria sociobloquera activaron o plan de Carmen Gallego, o mesmo qu´o de López Veiga, pero modificado, que compromete igualmente espacios da Rede Natura.
-
E agora anúncianse novas agresiós ó litoral, ou eso parece, da man de Alberto Núñez Feijóo. Que faga as cousas con sentido, que non suprima a consellería de Medio Ambiente e a doute de operatividade. Que se lembre de que foi o Goberno Aznar o que creou o ministerio do ramo, e que foi Isabel Tocino a que promulgou o Decreto sobre o deslinde marítimo terrestre nas marismas de Lourizán, o instrumento que debería valer pra comezar coa rexeneración daquel espacio [aínda pendente], en contra dos clústers, en contra tamén do actual goberno local de Pontevedra, que aparece claramente pringado neste asunto.

No hay comentarios: